Inicio Galicia A Xunta de Galicia apoia a conciliación da vida laboral e familiar...

A Xunta de Galicia apoia a conciliación da vida laboral e familiar a través das escolas infantís de iniciativa social

0

A escola recibiu este ano máis de 117.000 euros por parte do goberno autonómico para o seu mantemento e no 2017 recibiu máis de 17.000 euros a través da subvención para investimento


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, realizou unha visita á escola infantil Saíñas en Poio, un centro de iniciativa social subvencionado pola Xunta de Galicia que oferta 94 prazas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.

A Administración autonómica outorgoulle a esta escola en 2018 unha subvención para o seu mantemento de 117.474 euros, o que supuxo un incremento do 6% con respecto á cantidade achegada para esta fin no 2017. Así mesmo, no pasado ano, a escola recibiu unha subvención destinada a investimento por importe de 17.429, unha cantidade que serviu para realizar obras e para a adquisición de equipamento e material informático.

Durante o seu percorrido polas instalacións, a directora xeral destacou o importante papel que desenvolven as escolas de iniciativa social (EPIS) no fomento da conciliación da vida laboral e familiar, nas que se presta un servizo de calidade e cos mesmos prezos públicos en atención educativa que os centros da rede galega de escolas infantís da Galiña Azul.

Leer más:  La Estrategia de movilidad que busca disminuir desplazamientos motorizados, tiempos y contaminación recibe luz verde

A titular do departamento autonómico lembrou que desde a creación da Consellería de Política Social, o apoio económico ás EPIS aumentou nun 13%, pasando dos algo máis de 3 millóns de euros en 2015 aos 3,4 no presente ano. Esta medida permitiu conceder este curso achegas a 48 centros e sustentar con fondos públicos máis de 2700 prazas en toda a xeografía galega.

Así mesmo, a directora xeral fixo referencia ás actuacións de mellora destes centros de iniciativa social subvencionadas polo Executivo autonómico a través dunha liña de axudas dotada dun crédito de 600.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). “Estas axudas son unha mostra máis do compromiso da Xunta coa calidade da atención educativa na primeira etapa da aprendizaxe, así como coa vontade de que as familias galegas dispoñan dos mellores recursos de conciliación para os seus fillos e fillas”, explicou Amparo González.

A Xunta tamén dirixe achegas económicas para obras de adecuación e mellora de escolas infantís e puntos de atención á infancia que dependen dos concellos cun investimento de algo máis de 1,3 millóns de euros, tamén cofinanciados polo fondo FEDER.

Leer más:  Un adulto y un menor resultan heridos después de salirse de la vía y volcar su coche en Rois (A Coruña)

- Te recomendamos -