Inicio Galicia A Xunta de Galicia acompaña a FAXPG na celebración do Día Internacional...

A Xunta de Galicia acompaña a FAXPG na celebración do Día Internacional das Persoas Xordas

0

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, asistiu esta mañá ao acto conmemorativo de Día internacional das persoas xordas celebrado en Santiago pola Federación de asociacións de xordos de Galicia (FAXPG).

A titular autonómica destacou que na tarefa de procurar o maior benestar dos galegos e galegas, cómpre prestar especial atención a aquelas que, por diferentes circunstancias, máis precisan do apoio da Administración autonómica, como é o caso deste colectivo. “Hoxe, a través deste encontro, reafirmamos o noso compromiso coas persoas xordas e coa construción dunha sociedade máis igualitaria e inclusiva”, afirmou García.

No 2018 a Xunta achega a FAXPG máis de 820.000 euros destinados ao apoio e formación dos seus usuarios.  

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

- Te recomendamos -