Inicio Galicia Ourense A Xunta converte Montealegre nun centro específico para atender a nenos e...

A Xunta converte Montealegre nun centro específico para atender a nenos e nenas con trastornos de conduta

0

Estará dirixido a menores de entre 12 e 17 anos de idade que estean e situación de garda ou tutela da Administración autonómica e que non poidan convivir en centros residenciais básicos

Santiago, 11 de abril de 2018.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, deu conta hoxe en sede parlamentaria da conversión do centro de menores Montealegre en Ourense nun centro específico de atención a nenos, nenas e adolescentes con problemas de conduta e no que desde o ano 2012 se investiron máis de 1,6 millóns de euros destinados a obras de mellora, adecuación e acondicionamento.

Dito centro forma parte dun complexo no que se inclúen o centro Montefiz e Monteledo, ambos destinados ao cumprimento de medidas xudiciais impostas a menores en aplicación da Lei da responsabilidade penal do menor.

O conselleiro explicou que no marco de garantir o benestar e o desenvolvemento dos nenos, nenas e adolescentes, a Consellería de Política Social considerou necesario contar con outro centro específico que dea resposta ás necesidades daqueles menores que polas súas características non poden residir nunha casa de familia ou nun dos recursos de acollemento residencial que xa existen no sistema de protección. “Temos a obriga de darlles un recurso máis específico que lles proporcione unha atención no eido terapéutico e que os axude no tratamento, intervención e mellora dos trastornos de conduta que presentan”, afirmou Rey Varela.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Deste xeito, tras as melloras realizadas, porase en funcionamento un centro específico en Montealegre dirixido a menores de entre 12 e 17 anos de idade que estean e situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia e que manifesten graves problemas de conduta que fan incompatible a súa convivencia en centros residenciais básicos. Este centro virá definido pola súa capacidade para realizar un achegamento educativo e terapéutico integral, ademais de cumprir con todas as funcións de acollemento de menores como medida de protección. O obxectivo será facilitar a aprendizaxe de novas condutas positivas e a asimilación de normas sociais básicas coa finalidade do retorno do neno, nena ou adolescente aos centros de atención residencial básicos. Rey Varela destacou que para prestar este servizo de forma óptima, “prevese a incorporación de alo menos unha trintena de profesionais”. Así, incrementarase en cinco o número de educadores pasando de 12 (antes da súa conversión a centro específico) a 17 educadores e incorporaranse postos que antes non existían no centro como psicólogos/as clínicos, psiquiatra, enfermeiro/a, traballador/a social, médico/a,…

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

No tocante á xestión do centro Montealegre, esta está suxeita a un procedemento aberto ao que se puideron presentar todas aquelas entidades que o desexaran e cumpriran cos requisitos estipulados. Neste caso, presentáronse cinco entidades de iniciativa social e a relación das mesmas está publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.


- Te recomendamos -