Inicio Galicia A Xunta concede axudas para fomentar o asociacionismo das mulleres a oito...

A Xunta concede axudas para fomentar o asociacionismo das mulleres a oito asociacións do Deza

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que se beneficiarán seis agrupacións de Vila de Cruces, unha de Dozón e outra de Silleda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe que o Diario Oficial de Galicia acaba de facer públicas as axudas da Secretaría Xeral da Igualdade destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, das cales beneficiaranse na comarca do Deza oito asociacións.

Estas axudas están dirixidas ás asociacións de mulleres e as súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres. De feito, “a finalidade da subvención e fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través da consolidación do movemento asociativo e da promoción das actuacións e actividades en materia de igualdade”, explicou Cores Tourís.

Deste xeito, beneficiaranse no Deza a asociación Fervenza do Castelo de Silleda, a de Pena da Francia de Dozón, e as de Loño, Cumeiro, Agarimo, Santa Cruz de pioño, Camanzo e Sabrexo de Vila de Cruces, cunha axuda total de case 13.000 euros. En total se beneficiarán 28 asociacións da provincia de Pontevedra cunha axuda global de 52.625 eurosA través destas subvencións, os beneficiarios poden compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, así como levar a cabo a promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos. 

Leer más:  Nigrán (Pontevedra) multará con hasta 200.000 euros a quien realice hoyos en Praia América para las hogueras de San Juan

- Te recomendamos -