Inicio Galicia A Xunta completa a tramitación administrativa pola que se autoriza a construción...

A Xunta completa a tramitación administrativa pola que se autoriza a construción do parque eólico Pena Ventosa no Vicedo

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Novo, participou na presentación do proxecto por parte dos responsables da compañía Endesa


A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de completar a tramitación administrativa pola que se autoriza a construción do “parque eólico reformado Pena Ventosa”, emprazado no municipio lucense do Vicedo. Un avance decisivo que fai posible que a empresa promotora comece en breve a construción deste parque, o primeiro lucense cuxa posta en marcha se inicia este ano.

A execución deste novo parque require dun investimento de 7,9 millóns de euros para unha potencia contratada instalada de 8 megavatios (MW). Estará dotado de catro aeroxeradores de 2 megavatios fabricados en Viveiro. Cada muíño contará cun rotor triplala de 90 metros de diámetro, sobre unha torre de 78 metros de altura. A enerxía que produza irá a subestación de Pena Ventosa que aproveita unha liña xa en servizo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Novo, desprazouse ata o lugar do Carranco, ao este da Serra da Faladoira, onde estará emprazado o futuro parque, para coñecer da man dos responsables da empresa as características do proxecto.

Leer más:  Un motorista es arrollado por un camión en Ourense y el conductor se da a la fuga

Alí foron recibidos polo director xeral de Endesa na zona Noroeste, Miguel Temboury, polo responsable de Desenvolvemento de Negocio de Enel Green Power España no Noroeste, Manuel Gago, e por Luis Ovalle, encargado da execución de proxectos.

Entre as principais características do proxecto destaca que permitirá a creación de 48 empregos na súa fase de construción, aos que cómpre engadir dous máis durante a súa operación e mantemento nos seus trinta anos de vida útil.

O novo parque tamén contribuirá con 1,2 millóns de euros en concepto de impostos locais e canon eólico, o que sen lugar a dúbidas repercutirá no conxunto da veciñanza, incrementando os recursos municipais e garantindo maiores investimentos a través das axudas que cada ano a Xunta destina ao Concello a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Desde o punto de vista das vantaxes ambientais, a aposta por esta enerxía renovable e a produción eléctrica do novo parque evitará cada ano a emisión á atmosfera de 15.479 toneladas de dióxido de carbano (CO2), 35 toneladas de dióxido de xofre (SO2) e 44 toneladas de óxido nitroso (NOx).

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

O delegado territorial, ademais de felicitarse polo avance deste proxecto e desexar o máximo dos éxitos á filial de renovables de Endesa, sinalou que esta mesma compañía tamén ten previsto promover novos parques en Paradela.

Lugo lidera o desenvolvemento eólico de GaliciaBalseiro lembrou o liderado de Lugo no desenvolvemento eólico galego dos próximos anos. De feito, explicou que esta provincia agrupa o 62% dos proxectos que xa foron declarados de especial interese (16 en total), entre os que se atopa o que hoxe se presenta.

Na súa totalidade os novos parques eólicos supoñen 398,6MW de potencia autorizada. Coa implantación destes novos proxectos nos que as empresas investirán máis de 400 millóns de euros, Lugo contará coa creación de máis de 5.500 empregos durante a súa construción e 75 coa súa posta en marcha, e os concellos recadarán ao redor de 21 millóns de euros durante toda a súa explotación.“A Xunta ratifica a súa aposta polo impulso das enerxías renovables e, en concreto, do sector eólico, pola oportunidade que supón para a creación de riqueza e emprego, como agardamos comprobar en breve neste parque de Pena Ventosa”, concluíu.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa y se da a la fuga

- Te recomendamos -