Inicio Galicia A Xunta completa a mellora integral da estrada LU-642 entre Oural e...

A Xunta completa a mellora integral da estrada LU-642 entre Oural e O Incio, á que destinou 930.000 euros

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe o resultado da última actuación nesta vía, que supuxo a rehabilitación do firme en 8,3 quilómetros e tivo un orzamento de 614.000 euros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de completar a mellora integral da estrada autonómica LU-642, que une a localidade de Oural (Sarria) e o municipio do Incio e que supuxo un investimento conxunto de 935.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe o resultado dos últimos traballos executados nesta vía autonómica co obxecto de mellorar a seguridade e as condicións de circulación do tráfico rodado.

Esta actuación levouse a cabo nun treito de 8,3 quilómetros e contou cun orzamento de 614.000 euros. As obras consistiron na reparación, regularización e selado do firme entre os puntos quilométricos 0+000 e 8+300, coa extensión posterior dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente.

Así mesmo, levouse a cabo a renovación e reposición da sinalización horizontal e vertical, novo balizamento e defensas, así como a construción de gabias practicables en varios puntos.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Balseiro puxo en valor o esforzo inversor da Xunta na conservación e mellora de estradas da súa competencia, co propósito fundamental de velar pola seguridade viaria, ademais de dispor de vías máis cómodas para os usuarios.

Cómpre lembrar que a Administración autonómica xa actuara noutros tramos desta mesma estrada, en concreto entre as localidades de O Hospital e A Ferrería -cun investimento de 136.000 euros- e entre os puntos quilométricos 8+300 e 12+600 no seu enlace coa LU-641, para o que se destinaron 185.000 euros.


- Te recomendamos -