Inicio Galicia A Xunta cofinancia a organización de oito mostras galegas de artes escénicas...

A Xunta cofinancia a organización de oito mostras galegas de artes escénicas con 180.000 euros en axudas

0

A Agadic publica no seu web a adxudicación das subvencións de 2018 a este tipo de encontros, convocadas xunto coas de festivais de música actualmente en trámite de resolución

Oito mostras de teatro son as beneficiarias este ano da convocatoria de subvencións da Xunta a festivais de artes escénicas, segundo a resolución publicada hoxe no web http://www.agadic.gal. A través dela, achéganse 180.000 euros á organización destes encontros, a meirande parte deles cunha longa traxectoria a prol da difusión teatral en Galicia.

Os beneficiarios deste ano son o 27º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, con 50.000 euros; a 35ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, con 39.405 euros; o 22º Festival Internacional Galicreques de Santiago, con 26.471 euros; o 11º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), con 24.445 euros; a 40ª Mostra de Teatro Galego de Cariño, con 14.759 euros; o 5º Festiclown de Vilagarcía de Arousa, o 6º Festival das Núbebes de Pontevedra, con 6.369 euros; e o 19º Festival Internacional de Títeres de Redondela, con 5.763 euros.

Leer más:  La banda desmantelada en Galicia utilizaba 'narcoveleros', operaba un laboratorio en Madrid y blanqueó más de 10 millones de euros

A Agadic convoca cada ano estas axudas xunto ás destinadas a festivais de música, que se atopan nestes momentos en trámite de resolución. A dotación global deste ano é de 460.000 euros, dos que 280.000 se reservan para os eventos musicais.

Puideron optar a esta liña de subvencións os encontros celebrados en Galicia entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. A través dela, a Xunta busca contribuír á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos nestes sectores culturais.

De feito, as bases facían especial fincapé na consideración deste tipo festivais como un sector cultural estratéxico para Galicia e no impulso da súa profesionalidade, de xeito que se esixe que polo menos a metade dos concertos ou representacións programadas sexan de pago, agás no caso dos festivais escénicos de rúa.


- Te recomendamos -