Inicio Galicia A Xunta clausura o obradoiro de emprego Covelo II no que se...

A Xunta clausura o obradoiro de emprego Covelo II no que se formaron 20 desempregados de Porriño durante os últimos 9 meses

0

O Goberno galego destinou a este taller, especializado na atención sociosanitaria a domicilio e ás institucións e auxiliares da construción, preto de 280.000 euros

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o Edificio Multiusos de Porriño para felicitar aos alumnos que completaron a súa formación no Covelo II, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co concello pontevedrés.

O Goberno galego destinou a este taller, no que se formaron 20 desempregados nas especialidades de atención sociosanitaria a domicilio e ás institucións e á formación de auxiliares da construción, preto de 280.000 euros. Estes obradoiros, a través dos que os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan na convocatoria actual varias novidades respecto á anterior, entre as que destacan a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses. Asemade, deuse prioridade ás localidades menos poboadas de Galicia para responder así a unha das medidas principais do plan de formación e emprendemento no rural da Xunta.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

O representante autonómico, que acudiu acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, recordou que, no que atinxe á área territorial de Vigo, puxéronse en marcha 8 obradoiros xerais e 6 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil. O obxectivo destes últimos, indicou, é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”. Á posta en marcha destes 14 talleres, nos que participan 250 desempregados, a Administración autonómica dedica máis de 4,2 millóns de euros.

Por último, López-Chaves subliñou que os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

Nova convocatoria A Xunta investirá preto de 30 millóns de euros na convocatoria deste ano (un 50% máis que na anterior) para a posta en marcha dunha nova iniciativa para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas: os obradoiros duais de emprego que combinan un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. O obxectivo é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade os obradoiros vinculados o eido forestal e ao Camiño de Santiago. Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade. Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que poderán concorrer ás mesmas non só os concellos (nos que terán prioridade os Concellos Emprendedores), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.  

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

- Te recomendamos -