Inicio Galicia A Xunta aproba as expropiacións e o proxecto para executar unha nova...

A Xunta aproba as expropiacións e o proxecto para executar unha nova senda peonil e ciclista no concello de Vilanova de Arousa, cun investimento de 2 M?

0

O proxecto define a execución dun novo itinerario en dous tramos das estradas autonómicas PO-307, no treito que une o lugar de Deiro coa ponte da Illa de Arousa, e na PO-549, desde Tarrío a Cores

A Xunta impulsa a construción dunha senda peonil e ciclista no concello de Vilanova de Arousa, aprobando esta semana as expropiacións e o proxecto para a súa execución, a que destinará un investimento de 2 millóns de eurosA Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten prevista a licitación do contrato de execución desta nova senda na comarca do Salnés este mesmo ano, cun orzamento estimado para as expropiacións necesarias para executar as obras é de case 168.000 euros e o orzamento base de licitación do proxecto de construción é de máis de 1’8 millóns de euros.

Na estrada autonómica PO-549 actuarase no tramo comprendido entre o punto quilométrico 6+200 -situado en Tarrío, no punto no que finalizan as actuais beirarrúas- e o punto quilométrico 7+210, que conecta cun tramo de beirarrúa executado en 2012 pola Xunta. E xa no punto quilométrico 6+500 hai unha glorieta na intersección coa PO-307, na que conflúen as sendas proxectadas nas dúas estradas.

Neste treito construíranse sendas en formigón coloreado polas dúas marxes da estrada, que suman aproximadamente 2 quilómetros de lonxitude, cun ancho mínimo de dous metros.

Na PO-307 proxéctase a senda pola marxe esquerda da estrada. no tramo comprendido entre o punto quilométrico 0 – a glorieta de intersección coa PO-549 e coa PO-530- e o punto quilométrico 1+640, ponte da Illa de Arousa. Neste punto, o novo itinerario peonil e ciclista conecta coa senda existente na citada ponte, tamén executada polo departamento de Infraestruturas da Xunta na PO-306, compartida entre Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa. Neste caso, a sección tipo deste tramo de senda contará con 3 metros de ancho e se separará da calzada mediante unha cuneta de seguridade e unha banda verde.

A intervención prevé ademais a mellora das paradas de autobús, a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe e a colocación das canalización que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Esta semana o departamento de Infraestruturas da Xunta acordou o expediente de información pública, e definitivamente, o proxecto de construción deste novo itinerario mixto na estrada autonómica PO-307, aprobando tamén o Goberno galego a declaración de utilidade pública e disposición da urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.

Plan de sendas de Galicia na comarca do SalnésEsta actuación do Goberno galego está incluída no Plan de Sendas de Galicia, no “Estudo de Fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca do Salnés", cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020.

Como resultado deste estudo o departamento de Infraestruturas da Xunta identificou como prioritarios oito treitos de actuación na comarca, que se desenvolven mediante 7 proxectos de sendas peonís e ciclistas na comarca do Salnés, nas que prevé a execución de 21 quilómetros de itinerarios, e un investimento aproximado de 12,2 millóns de euros.

Neste intre a consellería de Infraestruturas ten rematado o itinerario peonil e ciclista na PO-306 entre Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, e na estrada PO-308 están en servizo xa os tramos de senda entre a Praia da Lanzada e Soutullo, e dende Soutullo ata Major, no Concello de Sanxenxo. E está a ultimar tamén en Sanxenxo a redacción do proxecto que dará continuidade a esta infraestrutura ata Portonovo. Tamén se acaba de iniciar na estrada PO-308 a construción dunha senda entre O Covelo e Raxó, no Concello de Poio, e actualmente está executándose a senda da PO-300 entre o polígono industrial do Salnés e o lugar de Sameiro, na parroquia de Setepías, nos Concellos de Ribadumia e Cambados. 

No hay comentarios