Inicio Galicia A Xunta aposta por seguir apoiando fomentando o liderado feminino nun sector...

A Xunta aposta por seguir apoiando fomentando o liderado feminino nun sector tan relevante na nosa Comunidade como o pesqueiro

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta tarde nas Xornadas de empoderamento e liderado da muller da pesca en Galicia organizadas pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que o Goberno galego seguirá apostando e fomentando o liderado feminino no sector da pesca na nosa comunidade.

Susana López Abella participou esta tarde nas Xornadas de empoderamento e liderado da muller da pesca en Galicia organizadas pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA), que contan con axudas do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

López Abella fixo un especial agradecemento á Presidenta de ANMUPESCA, Rita Míguez de la Iglesia e a todas e cada unha das integrantes da Asociación que engloba 21 asociacións que aglutinan máis de 10.000 mulleres vinculadas ao mundo do mar de todo o territorio nacional, entre armadoras, mariñeiras, redeiras, mariscadoras,entre outras, decididas a visibilizar o seu traballo e reivindicar un peso xusto nos órganos de decisión.

Leer más:  Se autorizan 22,7 millones de euros para los contratos de ambulancias en las áreas sanitarias de A Coruña-Cee y Vigo

Segundo explicou a titular de Igualdade é de especial importancia o traballo que levan a cabo dende a Asociación coa visibilización das mulleres profesionais do mar, reforzando o seu empoderamento, defendendo os intereses profesionais das asociadas e das mulleres que traballan nas actividades vinculadas coa actividade pesqueira, marisqueira, acuícola e actividades e servizos vinculadas a estas e incrementando o liderado das mulleres, impulsando a súa participación nos órganos de decisión do sector.

Dende a Xunta estamos convencidos de que, para mellorar a situación das mulleres do mar, é fundamental entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades, rematou López Abella.


- Te recomendamos -