Inicio Galicia A Xunta aposta polo incremento do valor engadido dos produtos do mar...

A Xunta aposta polo incremento do valor engadido dos produtos do mar para manter a Galicia como potencia marítimo-pesqueira

0

A conselleira sinalou que é no aumento de valor onde se atopa a chave que abre a porta de saída e de entrada dos produtos do mar de Galicia


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo de relevo hoxe en Vigo a importancia de engadir valor aos produtos do mar a través dunha actividade sustentable. “É nese aumento de valor onde se atopa a chave que abre a porta de saída e de entrada dos produtos do mar de Galicia”, subliñou durante a inauguración do Congreso internacional sobre Produción pesqueira mundial, organizado por Conxemar e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Esta porta, engadiu a titular de Mar, fai de Galicia “un auténtico mercado da pesca, do marisqueo e da acuicultura” e “lévanos polo camiño da creación de emprego, de riqueza e do respecto polo noso medio mariño” Un mercado, sinalou, “que está en constante evolución para adaptarse ás necesidades e demandas dos consumidores”.

Neste sentido, a conselleira explicou que nos últimos anos Galicia abarcou dúas grandes cuestións. Unha delas é lograr abastecer o alto nivel de actividade das empresas transformadoras radicadas en Galicia, facendo foco en cubrir as necesidades de materia prima e na continuidade da expansión exterior do tecido empresarial galego. Neste senso, Quintana lembrou que a industria transformadora galega nunca vendeu tanto, polo que nunca tamén necesitou tanto produto do exterior como agora. Esta circunstancia está matizada, engadiu, polo feito de que o tecido empresarial do sector está cada vez máis asentado nos países de orixe das materias primas, polo que as empresas galegas en terceiros países integran os seus produtos en España como importacións.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

A outra cuestión á que atende Galicia e que explicou Rosa Quintana é a reconversión da forma de pescar ante a globalidade do mercado. En relación a este aspecto, a conselleira destacou a versatilidade do sector na forma de pescar e a capacidade para xerar recursos para o exterior sen perder potencia no interior.

A conselleira puxo a Vigo como exemplo desta capacidade pois “foi capaz de concentrar o seu valor como porta de saída e de entrada para a comercialización de produtos do mar”. Como porta de saída porque as empresas viguesas e o porto da cidade olívica teñen toda a capacidade para producir en Galicia e exportar e como porta de entrada porque teñen toda a competencia para producir fóra e importar.

Ademais a titular de Mar indicou que apostar por un comercio derivado dunha pesca sustentable aporta mellores resultados. Nesta liña lembrou que o ano pasado Galicia bateu récord de facturación, con 507 millóns de euros, e de descargas, con máis de 212.000 toneladas, o que supuxo o mellor exercicio de toda a serie histórica. Tamén lembrou que desde o 2009 as cotas medraron nun 80%, máis de 80.000 toneladas e un crecemento económico potencial de máis de 210 millóns de euros.

Leer más:  El socialismo gallego se une para apoyar a Sánchez ante el "acoso": "Los demócratas debemos unirnos y actuar"

O CongresoEste congreso internacional está organizado por Conxemar e a FAO desde o ano 2012. A edición deste ano reúne a expertos de referencia internacional para analizar a situación actual das poboacións das principais especies comerciais, a dispoñibilidade de materia prima, a evolución da demanda nos principais mercados internacionais e a sustentabilidade dos caladoiros. 


- Te recomendamos -