Inicio Galicia A Xunta aposta pola incorporación das Startups galegas á industria 4.0 como...

A Xunta aposta pola incorporación das Startups galegas á industria 4.0 como garantía de crecemento e consolidación

0

Responsables do Igape participaron hoxe en Santiago na presentación da aceleradora vasca Bind 4.0 ao tecido empresarial


Responsables do Igape participaron esta mañá en Santiago na presentación a startups galegas do Programa Acelerador Bind 4.0, que desenvolve a Axencia vasca de desenvolvemento empresarial (SPRI), e na que os emprendedores e as empresas galegas teñen a oportunidade de participar. O programa ofrece a oportunidade singular de traballar, mesmo desde Galicia, cun gran cliente industrial.

Os retos desta iniciativa coinciden coa aposta da Xunta pola incorporación das novas empresas tecnolóxicas á Industria 4.0 como garantía para o seu crecemento e consolidación. Neste senso, xogan un papel destacado as aceleradoras postas en marcha polo Goberno galego para o desenvolvemento de iniciativas empresariais no eido da Industria 4.0.

O Bind 4.0 é un programa de aceleración público-privado desenvolto no País Vasco, dirixido ás mellores startups con solucións baseadas en tecnoloxías da industria 4.0 e aplicadas aos campos da fabricación avanzada, enerxía e saúde. O programa ofrece os mellores servizos de soporte e garante o desenvolvemento de proxectos con empresas tractoras como Mercedes-Benz Vitoria, ABB, Bridgestone, Iberdrola, Repsol-Petronor, Michelin e Danobat Group. Ademais de ofrecerlles ás startups seleccionadas un contrato cunha das principais empresas industriais vascas para o desenvolvemento dun proxecto baseado en tecnoloxías 4.0, o programa tamén achega colaboración tecnolóxica con Google, Siemens, Amazon e Microsoft.

Leer más:  El PSdeG urge a la Xunta a iniciar de inmediato los trabajos de prevención de incendios a tan solo un mes de finalizar el plazo

Na última edición do programa recibíronse 385 startups candidatas novas de 57 países diferentes. Finalmente, 27 startups foron seleccionadas por 24 empresas colaboradoras para executar 40 proxectos da Industria 4.0.

O conxunto de programas e aceleradoras galegas está xerando un importante volume de novos emprendedores con interesantes proxectos e potencial de escalabilidade e crecemento. Esta colaboración co País Vasco abre unha posibilidade adicional aos emprendedores galegos e permitirá tamén a presentación das aceleradoras de Galicia no País Vasco a finais do presente ano, xerando así un intercambio de posibilidades para o emprendemento nacional e con proxección internacional. 


- Te recomendamos -