Inicio Galicia A Xunta alerta dun temporal con vento de nivel laranxa nas provincias...

A Xunta alerta dun temporal con vento de nivel laranxa nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra

0

No mar espéranse ventos de forza 8 con ondas entre 5 e 7 metros

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal con vento de nivel laranxa que afecta as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), dá comezo unha alerta laranxa por vento do sur e suroeste, con rachas de 100 qm/h, no oeste e suroeste da provincia da Coruña, nas Rías Baixas e interior da provincia de Pontevedra. Na mariña lucense poderanse acadar refachos de 120 qm/h. Ademais, o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra continúan en alerta laranxa con vento do sur de forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas entre 5-7 metros.

Por mor do temporal, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. É conveniente tamén permanecer lonxe da costa: praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas quepoidan ser varridas polo mar.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. Recoméndase manterse permanentemente informado do estado da mar e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


- Te recomendamos -