Inicio Galicia A Xunta agarda que o proxecto definitivo para o dragado da ría...

A Xunta agarda que o proxecto definitivo para o dragado da ría do Burgo estea listo nos vindeiros meses

0

Beatriz Mato avanzou que esta é a previsión temporal que baralla o Goberno do Estado, segundo a información que lle trasladou á consellería

Santiago, 11 de abril de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio agarda que o proxecto definitivo para a rexeneración da ría do Burgo, en A Coruña, estea listo nos vindeiros meses. Así o avanzou esta tarde no Parlamento a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, quen lembrou que o dragado da ría é unha competencia estatal pero que, segundo a información facilitada polo Goberno do Estado, este é o horizonte temporal que manexa para poder aprobalo.

Tras diferenciar entre as actuacións encamiñadas a lograr o saneamento da ría e aquelas que buscan a rexeneración dos seus fondos, a conselleira recordou que a Xunta de Galicia cumpriu ata o momento cos seus compromisos para mellorar o estado das augas no Burgo. Así, explicou que desde o ano 2011 o Goberno galego e os concellos da zona levaron adiante o Plan de saneamento local da ría, o que se suma aos esforzos inversores realizados pola Xunta nos últimos 15 anos e cuantificados en máis de 100 millóns de euros.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

Mato considerou que a situación da ría coruñesa ten mellorado nos últimos anos e seguirá a facelo grazas ás obras actualmente en execución. Neste sentido, referiuse ás actuacións máis recentes impulsadas polo seu departamento, concretamente, á construción dun sifón para optimizar os bombeos do Temple e Pasaxe e ao tanque de tormentas de Santa Cruz, ambas postas en marcha o ano pasado cun investimento de máis de 6 millóns de euros.

Estas son as dúas últimas grandes actuacións previstas dentro do Plan de saneamento local da ría do Burgo e ambas estarán operativas ao longo de 2018, o que permitirá, tal e como indicou a conselleira, que “a presión contaminante entorno á ría estea en niveis mínimos”.

O esforzo realizado pola Xunta para completar o saneamento da ría, segundo explicou Mato Otero, virá completarse co proxecto de dragado que ultima agora o Ministerio de Medio Ambiente. Así, referiuse á importancia que ten esta actuación para a cidade da Coruña e a súa contorna e considerou que o mellor reflexo do compromiso do Goberno do Estado coa rexeneración da ría do Burgo son os orzamentos de 2018, nos que se triplica o investimento previsto inicialmente para levar a cabo este proxecto.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

Por último, Mato insistiu en que o saneamento integral e o dragado da ría son actuacións totalmente diferenciadas ao igual que as competencias para levalas a cabo, que no caso da rexeneración dos lodos, lembrou, correspóndelle ao Estado. 


- Te recomendamos -