Inicio Galicia A Xunta adxudica provisionalmente o servizo de atención do complexo de aloxamento...

A Xunta adxudica provisionalmente o servizo de atención do complexo de aloxamento do Monte do Gozo a Benvido Albergues S.L

0

Avánzase así no Plan de Revitalización deste simbólico espazo do Camiño de Santiago, que chegará renovado e preparado para a celebración do Xacobeo 21

A Consellería de Cultura e Turismo vén de realizar a proposta de adxudicación da concesión do servizo para a explotación do complexo de aloxamento do Parque Monte do Gozo ao licitador Benvido Albergues S.

L. A Xunta de Galicia dá así un novo e decisivo paso no Plan de Revitalización deste simbólico espazo do Camiño de Santiago, á entrada de Santiago de Compostela, que experimentou salientables melloras nos últimos anos co obxectivo de chegar preparado ao Xacobeo 21.

Unha vez examinados os distintos criterios, a mesa de contratación propuxo a adxudicación á mencionada oferta, cun canon anual de 85.000 euros, fronte aos 70.000 mínimos exixidos no prego de condicións. Así mesmo, a concesionaria levará a cabo toda unha serie de investimentos para a mellora e actualización destas instalacións que se engaden ás xa impulsadas e que supoñen unha renovación e posta ao día estratéxica para a ruta.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

Isto repercutirá na optimización e dinamización desta infraestrutura pública, da que é titular a propia administración autonómica, e da que se benefician tanto os peregrinos chegados por diversos itinerarios xacobeos como os propios veciños da capital de Galicia, ademais dos milleiros de persoas que poidan participar nos eventos celebrados no seu auditorio.

Unha vez realizada a proposta de adxudicación por parte do órgano competente, requírese agora que, no prazo de dez días hábiles, a concesionaria presente a documentación correspondente tal e como se recolle no prego de cláusulas administrativas.

Por un período de 15 anosO prazo de concesión será de 15 anos, con posibilidade de ser prorrogado por cinco anos máis previo acordo expreso do órgano de contratación. Deste xeito, garántese a súa viabilidade ao longo de polo menos tres anos santos e os seus períodos intermedios.

Esta concesión abrangue, xunto ao espazo de aloxamento, con máis de 600 prazas de capacidade, tendas, restaurante, cafetería, zonas verdes a urbanización na contorna.

Leer más:  Un motorista es arrollado por un camión en Ourense y el conductor se da a la fuga

- Te recomendamos -