Inicio Galicia A Xunta adxudica por preto de 1,6 millóns de euros a construción...

A Xunta adxudica por preto de 1,6 millóns de euros a construción da senda entre O Covelo e Raxó, no concello de Poio

0

A intervención na estrada PO-308 permitirá completar un itinerario seguro e sustentable entre as travesías de Samieira e de Raxó, conectando coas beirarrúas xa existentes

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou hoxe por preto de 1,6 millóns de euros as obras de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada PO-308, entre O Covelo e Raxó, no termo municipal de Poio.

Esta actuacións veñen de ser adxudicadas á empresa Civis Global e contan cun prazo de execución de 12 meses.

A intervención prevista ten por finalidade completar un itinerario seguro e sustentable entre a travesía de Samieira, en concreto, no punto de intersección co acceso á praias e ao porto de Covelo, ata o final da travesía de Raxó, onde conectará coas beirarrúas xa existentes en Dorrón. En total, serán 3,7 quilómetros de senda, entre o punto quilométrico 8+200 da estrada e o 11+890, completando as beirarrúas xa existentes nalgún dos treitos, e repartíndose entre 2,3 quilómetros pola marxe esquerda e 1,4 pola dereita.

Prevense actuacións complementarias coma a dotación de zonas de aparcadoiro onde o espazo o permite; a instalación de sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios; a extensión dunha capa de rodadura no tramo inicial da travesía de Raxó; a renovación da sinalización vertical e a recolocación da iluminación nos tramos precisos.

Leer más:  Rueda pide que Puente se disculpe a la brevedad por sus comentarios inapropiados sobre Milei

Trátase dun treito de estrada de características moi urbanas, con numerosas vivendas e actividade nas marxes da estrada, polo que a construción da senda, ademais de facilitar unha mobilidade sustentable, mellorará de forma moi notable a seguridade nos desprazamentos para os veciños e usuarios dos restaurantes da zona.

Esta senda forma parte do conxunto de actuacións programadas pola Xunta no marco do Plan de sendas de Galicia para a comarca do Salnés. A mesma enmárcanse no proxecto de fomento da mobilidade sustentable para o que a Xunta conta con financiamento europeo procedente do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Sinalar tamén que a consellería ven de licitar o pasado 29 de xuño por máis de 1,5 millóns de euros as obras de mellora de seguridade viaria, na estrada PO-308 (Pontevedra–A Lanzada), entre o a intersección coa rúa de acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa, entre os concellos de Poio e Sanxenxo. Esta actuación e complementaria á desta senda, estando prevista a súa execución de forma simultánea, asegurando de este xeito a mellora integral deste tramo de estrada.

Leer más:  Rueda está de regreso de Argentina con metas cumplidas: hacer visibles a las pesqueras gallegas y establecer canales de contacto

- Te recomendamos -