Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de rehabilitación dun inmoble emprazado no número...

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación dun inmoble emprazado no número 14 da rúa Cervantes, no concello de Ourense, cun investimento de máis de 581.000 euros

0

Esta nova intervención, que conta cun prazo de execución de 12 meses, permitirá dispor dun edificio con tres vivendas e un local

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar esta semana o contrato para a rehabilitación dun inmoble emprazado no número 14 da rúa Cervantes, no Concello de Ourense, cun investimento de máis de 581.000 euros.

Esta intervención, que conta cun prazo de execución de 12 meses dende o inicio das obras, permitirá dispor dun edificio rehabilitado con tres vivendas e un local.

Subliñar que actualmente na cidade das Burgas a consellería tamén está a rehabilitar outros inmobles.

Este pasado mes de abril iniciáronse as obras no número 2 da rúa do Vilar que, cun investimento de preto de 374.000 euros e un prazo de execución de 12 meses, permitirá habilitar dúas vivendas. E en xuño iniciáronse as obras de rehabilitación de Vilar 3 e 5, cun investimento de preto de 494.000 euros.

Ademais, a consellería está edificando oito vivendas de nova construción no barrio de Covadonga, cun investimento de preto de 790.00 euros. Estas obras comezaron neste pasado mes de abril e teñen un prazo de execución de 12 meses.

Leer más:  Publicado el listado definitivo de los 606 admitidos para el concurso-oposición de médico de familia del Sergas

Programa Rexurbe As obras de rehabilitación no casco histórico de Ourense continuarán coas actuacións nos inmobles que a Xunta adquira, como resultado da oferta pública de adquisición realizada no pasado mes de febreiro.

No marco do programa Rexurbe, co que a Xunta traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas, na cidade de Ourense presentáronse 4 ofertas para a adquisición de edificios, por importe de preto de 754.000 euros, emprazándose os inmobles ofertados nas rúas Pelaio, Manuel Sueiro, Cervantes e Dous de Maio.

Actualmente os técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo están comprobando a documentación presentada polos actuais donos e, posteriormente, realizarase unha taxación dos citados inmobles. 


- Te recomendamos -