Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora da eficiencia enerxética de 79...

A Xunta adxudica as obras de mellora da eficiencia enerxética de 79 vivendas de promoción pública en Pontevedra, cun investimento de preto de 500.000 euros

0

Estas actuacións realizaranse nas vivendas emprazadas en Monteporreiro, na rúa Bélxica, nos números 2, 4, 6, 8A e 8B

A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora da eficiencia enerxética de 79 vivendas de promoción pública en Monteporreiro, en Pontevedra, por un investimento de 498.420,01 euros.

Estas actuacións realizaranse nas vivendas emprazadas en Monteporreiro, na rúa Bélxica, nos números 2, 4, 6, 8A e 8B.

Os traballos, cun prazo de execución de nove meses, consistirán no illamento térmico do edificio polo exterior para mellorar a súa eficiencia enerxética e incrementar o rendemento do consumo enerxético realizado nas mesmas, reducindo nun 20 % a demanda de enerxía das vivendas.

As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O Goberno galego ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en Vigo, Santiago de Compostela, Becerreá, Cerdedo ou Cerdido, cun investimento total que supera os 3,3 millóns de euros.

Leer más:  La vacunación contra el VRS en Galicia ha reducido un 80% los ingresos de bebés, evitando alrededor de 400 casos

- Te recomendamos -