Inicio Galicia A Xunta adxudica as obra de mellora da eficiencia enerxética de 12...

A Xunta adxudica as obra de mellora da eficiencia enerxética de 12 vivendas de promoción pública no concello coruñés de Cerdido, nas que investirá máis de 307.000 euros

0

Estas intervencións realizáranse en seis vivendas emprazadas en Vila da Igrexa e outras seis en Felgosas

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda Xunta vén de adxudicar a execución de obras de mellora da eficiencia enerxética de 12 vivendas de promoción pública, no Concello de Cerdido, nas que investirá máis de 307.000 eurosEn concreto, as actuación neste municipio coruñés realizarase en seis inmobles emprazados en Vila da Igrexa e noutros seis en Felgosas, no municipio.

A intervención permitirán o illamento térmico do edificio polo exterior para mellorar a súa eficiencia e, polo tanto, incrementar o rendemento do consumo enerxético realizado nas mesmas. Para iso empregarase o sistema SATE, que permite realizar o illamento dun edificio pola parte exterior do mesmo, eliminando pontes térmicas e mellorando o illamento térmico e a impermeabilidade da edificación, sen reducir o espazo interior das vivendas nin modificar o aspecto exterior do inmoble. Tamén se actuará sobre as cubertas.

Estas obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. O prazo de execución das obras será de catro meses dende o inicio das mesmas.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en varias localidades de toda Galicia, como Santiago de Compostela, Pontevedra, Melide, Vigo, Cerdedo ou Becerreá, ademais de Cerdido.

Estas actuacións teñen unha importante repercusión positiva na mellora da calidade de vida dos veciños e no aforro enerxético e enmárcanse na aposta que desde a Xunta se está a facer pola rehabilitación de vivendas. 


- Te recomendamos -