Inicio Galicia A Xunta adquire tres novos inmobles na Tinería para rehabilitalos, cun investimento...

A Xunta adquire tres novos inmobles na Tinería para rehabilitalos, cun investimento previsto de 320.000 euros

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda “continúa coa senda de recuperación urbanística e social deste barrio”


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adquirirá tres novos inmobles no barrio lucense da Tinería co obxectivo de rehabilitalos. Trátase dunha actuación no marco do programa Rexurbe, a través do cal a Xunta de Galicia actúa de forma directa en conxuntos históricos degradados para rehabilitar os inmobles que merca, así como fomentar a rehabilitación por parte dos propietarios que non están interesados en vender as súas propiedades.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a zona e deu a coñecer algúns datos das actuacións previstas. En concreto, a consellería adquire dous inmobles na rúa Catedral -os números 18 e 22- e un no Carril dos Fornos.

O investimento, entre a adquisición e os traballos de rehabilitación, suporá más de 320.000 euros e dará lugar a tres vivendas que se porán no mercado a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Leer más:  Navalia empezará el 21 de mayo en Vigo con la participación de 533 expositores y más de 1.000 marcas

Balseiro sinalou que a Xunta “continúa coa senda de recuperación urbanística e social deste barrio, onde xa se levaron a cabo numerosas actuacións de rehabilitación que están levando á zona novos veciños e tamén novos establecementos comerciais”.

O delegado lembrou que o IGVS fixo unha oferta pública de adquisición de inmobles e explicou que se resolveu “coa aceptación de todas as ofertas presentadas que cumprían os requisitos establecidos na mesma”.

A partir deste momento os pasos a seguir serán a formalización da adquisición dos inmobles, a elaboración dos proxectos técnicos de rehabilitación, a licitación e adxudicación das obras e, unha vez rematadas a posta a disposición da Xunta das vivendas resultantes para incorporarse ao parque de inmobles promoción pública.

Neste barrio, o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a rehabilitar actualmente un total de nove vivendas, cun investimento de máis de 1,3 millóns de euros.


- Te recomendamos -