Inicio Galicia A Xunta abre a convocatoria das axudas para os centros especiais de...

A Xunta abre a convocatoria das axudas para os centros especiais de emprego

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, que visitou o centro santiagués Trameve, informou de que hoxe se abre o prazo para presentar as solicitudes


O DOG vén de convocar as axudas para os centros especiais de emprego para as que a Xunta destina este ano un total de 12,4 millóns de euros. Así o avanzou hoxe a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, nunha visita que realizou a Trameve, un centro especial de emprego dedicado ao tratamento medioambiental de vehículos.

En concreto son tres programas de axudas para os que desde hoxe está aberto o przo de solicitudes: un destinado ás unidades de apoio á actividade profesional; outro para a creación, ampliación, mantemento e adaptación de postos de traballo nos centros especiais de emprego; e o terceiro dirixido ao mantemento do custo salarial destes centros.

O obxectivo, segundo apuntou Covadonga Toca, é apoiar os postos de traballo das 2.500 persoas con discapacidade que traballan nos 107 centros especiais de emprego en Galicia, contribuír a crear 40 empregos indefinidos e, ademais, financiar a contratación de 60 traballadores e traballadoras.

Leer más:  Un centenar de colectivos de toda Galicia se manifiestan en Pontevedra contra la "depredación energética"

Esta liña forma parte da aposta que o Goberno galego está a facer por crear un emprego de calidade e inclusivo. De feito, desde 2015 Galicia suma un 37,6% máis de persoas con discapacidade activas. Enmárcase na Axenda 20 xunto con outras iniciativas como os programas de incentivos para o fomento da contratación, cuxo prazo está aberto ata o 15 de outubro; ou unha nova iniciativa de apoio para a contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que está a punto de convocarse. En total, este ano destínanse 14,6M€ para promover o emprego de persoas con discapacidade.

A secretaria xeral de Emprego subliñou a importancia de que empresas e administracións compartan o compromiso de apoiar a inserción laboral dos colectivos con máis dificultades. E salientou que unha das principais vías que está a incentivar a Xunta para acadar este obxectivo é a formación. Nesta liña, puxo en valor o papel que desempeñan os centros especiais de emprego ao ofrecer unha oportunidade laboral para moitas persoas con discapacidade. Concretamente, destacou o labor de Trameve, onde traballa un equipo de 20 persoas dedicado á recuperación de vehículos para a venda dos seus compoñentes ou con destino ao desguace.  

Leer más:  El lunes, TSXG revisará la apelación de la condena de 20 años impuesta al hombre que mató a su vecina en la calle Zamora de Vigo

- Te recomendamos -