Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 40 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 40 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 2 e o 8 de xullo un total de 40 inspeccións de control en 18 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 40 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Culleredo, Cuntis, Lugo, Marín Moraña, Muros, Ourense, Pontevedra, Ribadumia, Santiago de Compostela, Teo, Vigo e Xinzo de Limia.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 18 persoas e inspeccionadas 61 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 2 actas de infracción por venda de alcol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Leer más:  El CIS mantiene al BNG con la misma estimación de voto tras el anuncio de Sánchez de abrir una reflexión

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -