Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 136 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 136 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 3 e o 9 decembro un total de 136 inspeccións de control en 12 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 40 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Allariz, Lugo, Marín, Ourense, Pereiro de Aguiar, Pontevedra, San Cibrao das Viñas, Santiago de Compostela, Teo, Toén e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 13 persoas e inspeccionadas 136 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Leer más:  El Partido Popular de Galicia presiona al Gobierno para que traspase "de forma inmediata" la gestión de costas y los fondos europeos

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma. 


- Te recomendamos -