Inicio Galicia Ourense A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello ourensán...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello ourensán do Carballiño

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 35 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense, en colaboración coa Brigada de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) do Distrito XI (O Ribeiro-Arenteiro), esclareceron un lume no concello ourensán do Carballiño. Un veciño de Pereiro de Aguiar de 51 anos é o presunto autor do lume, orixinado o 30 de agosto ás 15.15 horas no lugar de Fontao-Lobas (Santa Ouxea).

O incendio produciuse por mor duns restos de brasas e cinza retirados dunha cheminea e que foron depositados nunha finca propiedade do investigado. O terreo estaba sen desbrozar, o que provocou a propagación do lume pola mesmo. Arderon 0’05 hectáreas de monte raso.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 35 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

- Te recomendamos -