Inicio Galicia A nova convocatoria dos programas integrados de emprego chegará a un cento...

A nova convocatoria dos programas integrados de emprego chegará a un cento de mulleres desempregadas de Moaña

0

Na área territorial de Vigo 1.800 persoas sen emprego recibirán asesoramento, formación e prácticas a través destes programas impulsados pola Xunta


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, clausurou hoxe o programa integrado de emprego de Moaña, “Emprega Moaña”, unha iniciativa na que colaboran o Concello e a Xunta e na que un 76 por cento dos 85 participantes conseguiron xa encontrar traballo. O obxectivo, apuntou o representante autonómico, é “incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

Neste senso, López-Chaves non desbotou a oportunidade de salientar o esforzo do Goberno galego en materia de formación e orientación laboral, “unha prioridade –dixo- para a Administración autonómica que vese reflectida nas crecentes políticas activas de emprego”. Citou así os obradoiros de emprego, o plan galego de formación e os programas integrados de emprego, entre os plans que están a acadar maior éxito.

Programas que no seu conxunto e nos últimos dous anos supuxeron, cifrou o delegado territorial, máis dun millón de euros para o concello moañés, que volverá a contar este curso cun novo programa integrado de emprego. Nesta ocasión, dedicado integramente a mulleres, chegará a un cento de veciñas.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

No conxunto de Galicia, a Xunta desenvolverá na convocatoria 2018-2019 un total de 48 programas integrados que, cun investimento próximo aos 11 millóns de euros, chegarán a 4.800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

No que atinxe á área territorial de Vigo, un total de 1.800 persoas desempregadas recibirán asesoramento, formación e prácticas ao abeiro destes programas, dos que se benefician cinco concellos (Moaña, Mos, Redondela, Vigo e Cangas) e 13 entidades. Tras agradecer a implicación do Concello de Moaña, López-Chaves apuntou que é necesario deseñar programas formativos que se axusten á realidade económica e social de Galicia, o que se está a favorecer a través de iniciativas impulsadas pola Xunta como os cursos de formación para desempregados, a formación á porta ou os obradoiros duais, que se activaron este ano por primeira vez. Unhas actuacións que están contribuíndo á hora de consolidar a recuperación no terreo laboral, e que fan posible que Galicia conte cunha taxa de paro do 12,24%, o que supón 2,25 puntos menos que hai un ano. Para seguir avanzando neste camiño, o ano que vén a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 145 millóns de euros á formación. 

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

- Te recomendamos -