Inicio Galicia A nova categoría de pediatra de área garante a calidade e a...

A nova categoría de pediatra de área garante a calidade e a continuidade asistencial para dar resposta ao déficit de profesionais

0

A Administración sanitaria e as sociedades pediátricas analizaron hoxe o desenvolvemento da proposta

Representantes da Consellería de Sanidade, da Sociedade de Pediatría de Galicia (Sopega) e da Asociación Galega de Pediatría de Primaria (Agapap) mantiveron hoxe unha reunión na que se analizou a proposta de creación, dentro do ámbito do Servizo Galego de Saúde, da nova categoría estatutaria de persoal facultativo de especialista de pediatría de área. Trátase dunha categoría nova que no futuro permitirá perfilar prazas máis especializadas e unha atención coordinada entre os dous niveis asistenciais (atención primaria e hospitalaria). Ao mesmo tempo permitirá dar resposta ás actuais necesidades asistenciais da poboación, mellorando non só a dispoñibilidade de pediatras senón tamén ampliando a cobertura dentro dunha mesma área.

O Sergas ten previsto convocar en próximas datas ao grupo de traballo de Pediatría para trasladarlles a devandita proposta, e acadar o máximo consenso nas medidas dirixidas a mellorar a calidade da atención pediátrica.É absolutamente falso que a medida proposta na disposición adicional da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos Orzamentos da Xunta de 2019 vaia supoñer a desaparición das actuais prazas. Así mesmo, os pediatras de área se lles asignará un destino concreto, ao igual que ocorre cos de atención primaria e cos de atención hospitalaria.

Leer más:  Aeropuerto de Peinador en Vigo suspende la actividad a partir del lunes por remodelación de pista

Durante a reunión mantida hoxe, o Sergas trasladoulle aos representantes das sociedades pediátricas que o desenvolvemento da nova categoría non altera as actuais de atención primaria e hospitalaria, e que os profesionais poderán voluntariamente optar pola nova dentro do procedemento de traslados.

Non obstante, e sen prexuízo do anterior, o profesional estará habilitado para asumir consultas, participar en programas ou en gardas, entres outros, de calquera dos dous niveis asistenciais.

Tamén se subliñou durante a reunión que na proposta do novo texto normativo, recollido na disposición adicional da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos Orzamentos da Xunta de 2019, respéctanse as categorías preexistentes, a de especialista de pediatría e as súas áreas e a de pediatra de atención primaria.

O persoal estatutario fixo que, no momento da entrada en vigor da nova disposición, se atope desempeñando postos de traballo correspondentes ás categorías de facultativos especialistas de pediatría e as súas áreas específicas, ou de pediatra de atención primaria, poderá optar voluntariamente á nova categoría, a través dos procesos de provisión (procedemento aberto, traslados…).

Leer más:  Rueda no se opondrá a la decisión del PP de Pontevedra de recuperar al edil de A Illa condenado

Na selección e na provisión de prazas da nova categoría poderán establecerse perfís vinculados á experiencia e/ou formación nas áreas específicas de actividade propias da especialidade.

A flexibilidade da nova categoría permitirá perfilar prazas máis especializadas que responderán ás necesidades reais dos usuarios. A actual compartimentación entre profesionais, ten que dar paso a unha atención coordinada entre profesionais de primaria e hospitalaria.

Neste senso, a categoría de pediatra de área contempla unha mellor coordinación entre atención primaria e atención hospitalaria a nivel xerárquico, e establece a figura dun único responsable a nivel de área.

MedidasCómpre subliñar que a creación da nova categoría de pediatra de área é unha medida avaliada nas distintas reunións que a Administración sanitaria mantivo anteriormente coas sociedades pediátricas para paliar o déficit de especialistas pediátricos, así como cos colexios médicos e co Consello Asesor de Pacientes. Trátase, en definitiva, doutra proposta coa que o Sergas quere afrontar o déficit de pediatras que afecta ao conxunto dos sistemas de saúde, nunha comunidade como a galega na que o 90 por cento das prazas de pediatras están cubertas con profesionais especializados.

Leer más:  Encuentran junto al río el cuerpo sin vida de un septuagenario que desapareció el sábado en Sarria (Lugo)

- Te recomendamos -