Inicio Galicia A mostra ?María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes? exhibe en Vigo o...

A mostra ?María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes? exhibe en Vigo o universo literario da autora das Letras Galegas 2018

0

A exposición, na que participan oito ilustradoras e ilustradores galegos baixo a coordinación de David Pintor, permanecerá na sede da Delegación da Xunta de Galicia ata o 11 de xullo


A exposición María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes, mostra central das Letras Galegas 2018, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, exhíbese na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo ata o vindeiro 11 de xullo. O proxecto expositivo, coordinado polo humorista gráfico, pintor e ilustrador David Pintor, afonda no universo literario de María Victoria Moreno a través de ilustracións realizadas sobre oito obras da autora.

A mostra itinerante pasou xa por Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña e mais Lugo. Atópase agora en Vigo, na rúa Concepción Arenal, para difundir entre a cidadanía o legado literario de María Victoria Moreno. Para iso, exhíbense oito paneis con ilustracións dos personaxes principais e dos escenarios de oito dos seus libros, que foron creadas para a ocasión por outros tantos ilustradores e ilustradoras galegos: Nuria Díaz, Lucía Cobo, Xan López Domínguez, Jacobo F. Serrano, Jacobo Muñiz, Mari Fe Quesada, Bea Lema e Dani Padrón.

Leer más:  Un guardia civil resultó herido al caer desde una altura de cuatro metros mientras colaboraba en la extinción de un incendio en Tui

Oito obras en imaxesImpulsada polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, xunto co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a mostra xira arredor das obras O cataventos, A festa no faiado, Anagnórise, Mar adiante, Un cachiño de bica, Guedellas de seda e liño, Leonardo e os fontaneiros e A brétema. Ademais, contén tres paneis biobibliográficos e dúas vitrinas nas que se ofrece unha escolma de obxectos persoais da escritora, como a súa primeira máquina de escribir, unhas lentes que levou durante anos, o manuscrito da obra O cataventos e diversos libros que lle foron dedicados á autora por escritoras e escritores amigos seus, como Xesús Alonso Montero, Fina Casalderrey, Fiz Vergara Vilariño ou Ursula Heinze.

A exposición acompáñase dun cuadríptico, que está accesible en liña aquí. Logo do seu paso por Vigo, a exposición percorrerá ata final de ano os concellos de Ferrol, Ordes, Sanxenxo, Vilalba, Ourense e Celanova.

Un faro da literatura galega infantil e xuvenilLicenciada en Filoloxía Románica, María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005) chegou a Galicia no ano 1963 como profesora. Unha década máis tarde, en 1973, publica Mar adiante, considerada unha das obras pioneiras da literatura infantil galega. Ata o seu pasamento, a escritora estivo comprometida co ensino da lingua e da cultura galegas. Cultivou a narrativa –nomeadamente a infantil e xuvenil (LIX)–, o ensaio, a poesía, os estudos literarios e a didáctica da lingua e da literatura galegas.

Leer más:  Juan Carlos I recibe el premio de la regata de Sanxenxo, donde el 'Bribón' logra el primer puesto

- Te recomendamos -