Inicio Galicia A mostra ?Baldomero Pestana, a verdade entre as mans? despídese da Cidade...

A mostra ?Baldomero Pestana, a verdade entre as mans? despídese da Cidade da Cultura logo de recibir preto de 15.000 visitas

0

Mañá sábado, día previo á clausura, proxectarase o documental ‘A imaxe reb/velada’ que radiografía a vida e a obra do fotógrafo galego


Preto de 15.000 persoas achegáronse á Cidade da Cultura de Galicia para coñecer a obra de Baldomero Pestana, un dos grandes retratistas e fotógrafos sociais da segunda metade do século XX. A exposición Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, coa que se reivindica o legado do fotógrafo galego (Castroverde, Lugo 1917-2015) pecha as súas portas este domingo no Museo Centro Gaiás.

A mostra pon en valor a un mestre da cámara que, a pesar da notoriedade que acadou en vida, especialmente en Perú, era aínda un descoñecido para o gran público. Un inxusto esquecemento ao que a Xunta de Galicia –a través da Fundación Cidade da Cultura– e o Instituto Cervantes quixeron poñer fin aproveitando a proxección do Museo Centro Gaiás e a rede de centros do Instituto Cervantes no exterior. Despois de iniciar o seu percorrido o pasado mes de febreiro en Madrid e pasar pola Cidade da Cultura, as fotografías de Pestana viaxarán a París, onde se exhibirán entre o 8 de novembro e o 31 de xaneiro de 2019.

Leer más:  Un carril de la A-6 en sentido a Lugo ha sido cortado debido al vuelco de un camión en Carballedo

Para afondar na vida e na traxectoria profesional de Baldomero Pestana o sábado día 1 de setembro, véspera da clausura, proxectarase o documental A imaxe reb/velada, dirixido por Andrea Vázquez García e producido por Miramemira. A peza audiovisual percorre distintos lugares e vivencias do artista galego, a cabalo entre Arxentina, Perú e Francia, onde desenvolveu gran parte do seu traballo, e Galicia, a onde regresou nos seus últimos anos. A proxección será ás 18.30 horas na Sala Seminario do Museo e contará coa presencia da directora do documental.

Actividades complementariasO fotógrafo de Castroverde foi protagonista igualmente das dúas Nocturnas celebradas no mes de agosto no Museo Centro Gaiás, a última das cales ten lugar hoxe, venres 31 de agosto ás 21h. Pensadas para descubrir nun ambiente máis íntimo e distendido as exposicións que acolle o museo, as Nocturnas son visitas comentadas realizadas en grupos reducidos acompañadas de música e petiscos. A sesión deste venres está amenizada cunha pinchada de Mr.

Fishman aka Dr.

Think e unha cata de queixos grazas á colaboración da D.

Leer más:  -Juan Díaz Villoslada será el candidato gallego en la lista de Sumar para las elecciones europeas-

O.

P. Arzúa Ulloa.

Así mesmo, a Cidade da Cultura organizou o pasado mes de maio un obradoiro de retrato fotográfico para estudantes, no que participaron 100 alumnos e alumnas de 3º ESO e Bacharelato. O froito destes traballos pode verse no andar 0 do Museo Centro Gaiás ata a clausura da mostra.

As actividades complementarias para pór en valor a obra de Baldomero Pestana completáronse con visitas guiadas e didácticas para centros educativos galegos e coa edición dun catálogo bilingüe de 322 páxinas, deseñado por NUMAX, do cal se imprimiron 1.000 exemplares.

Mestre do retratoBaldomero Pestana reflicte na fotografía as súas propias inquedanzas intelectuais e humanistas. Foi o gran retratista de escritores e artistas como Mario Vargas Llosa, Gabriel García Márquez ou Pablo Neruda, pero tamén deixou imaxes sobre a eclosión cultural que se viviu en América Latina e no París dos anos 60. Na súa vertente máis social, o galego traballou como fotorreporteiro para as mellores revistas de Perú e desenvolveu encargos para UNICEF nas zonas máis pobres do país andino, achegándose ás persoas cunha sensibilidade propia que fuxía do dramatismo.

Leer más:  David Trueba, María Vázquez y The Rapants participarán en la XXI edición del Festival de Cans, que contará con 35 estrenos este año

Pestana acumulou máis de 17.000 negativos ao longo da súa vida, ademais de libros, cartas e diversas cámaras Rolleflex, Hasselbald e Linhof, que levaba sempre consigo nas súas viaxes. Na Cidade da Cultura exhíbense ata este domingo parte destes obxectos persoais xunto a unha selección de 150 fotografías coas que o visitante pode seguir o periplo vital e artístico do fotógrafo.

Comisariada pola galega Chus Villar e polo escritor Juan Bonilla, a mostra é a máis completa realizada ata agora sobre a figura de Pestana. O proxecto conta coa implicación dos seus familiares, Antonio Polín Pérez e Carmen Rico Coira, responsables dos fondos e custodios de todo o seu legado.


- Te recomendamos -