Inicio Galicia A Fundación Deporte Galego resolve a concesión das ?Axudas DGAN 2018? que...

A Fundación Deporte Galego resolve a concesión das ?Axudas DGAN 2018? que acadan o seu máximo histórico desde 2013 con 348.790 euros

0

Tamén se incrementa o número total de axudas solicitadas, pasando das 258 na dobre convocatoria de 2017 ás 282 na convocatoria actual, así como o número de axudas resoltas chegando agora ata as 200

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de facer pública a resolución das axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2018, baixo a denominación ‘Axudas DGAN 2018’ e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos deportistas galegos e galegas de alto nivel. A resolución está publicada na páxina web do deporte galego.

Tras a convocatoria extraordinaria do exercicio anterior, na que se valoraron os resultados obtidos en 2015 e en 2016 e que contou cun orzamento de 600.000 euros (346.856,38 euros para a primeira convocatoria e 253.143,62 para a segunda), o importe final resolto nesta nova convocatoria alcanza os 348.790 euros, o máximo histórico destas axudas desde o ano 2013. Ademais, tamén se incrementa o número total de axudas solicitadas, pasando das 258 na dobre convocatoria de 2017 ás 282 na convocatoria actual, así como o número de axudas resoltas chegando agora ata as 200 tras as 167 na primeira convocatoria do exercicio pasado e 146 na segunda.

Leer más:  Dos detenidos en la desarticulación de un punto de venta de cocaína y hachís en un piso de Arteixo (A Coruña)

Das 82 solicitudes denegadas, 9 foron por non ser deportistas galegos de alto nivel, 9 por estar fóra de prazo, 10 por non presentar toda a documentación requirida e 54 por non acadar a puntuación mínima de 15 puntos en resultados deportivos.

A convocatoria de 2018 conta nesta ocasión con seis tipos de axudas -Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6-, que foron asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2017. Cómpre destacar o gran incremento do número de Axudas 4 resoltas (2.000 euros), pasando de 58 na primeira convocatoria do 2017 e 51 na segunda ás 76 nesta convocatoria de 2018 (152.000 euros). A maioría destas axudas acádanse por ser campións e campioas de España en categoría absoluta en proba olímpica, participar en Campionatos do Mundo de probas olímpicas ou acadar podio en campionatos do mundo en categoría absoluta de especialidades non olímpicas. Isto reflicte un claro aumento da excelencia deportiva galega xa que subiu o nivel de resultados comparado con anos anteriores.

Leer más:  Un motorista es arrollado por un camión en Ourense y el conductor se da a la fuga

Segundo a última resolución do 14 de setembro de 2018, a comunidade galega conta con 426 persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel (161 mulleres e 265 homes).


- Te recomendamos -