Inicio Galicia A Federación Galega de Confrarías e a de Lugo benefícianse de 47.000...

A Federación Galega de Confrarías e a de Lugo benefícianse de 47.000 euros para a mellora da súa competitividade

0

No marco destes convenios, a federación galega e a de Lugo adquirirán equipos informáticos e mobiliario e levarán a cabo accións divulgativas co fin de mellorar e promocionar a súa actividade


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou esta mañá convenios de colaboración co presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Tomás Fajardo, e co da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero. A través destes convenios, a Xunta contribuirá á mellora da competitividade destas entidades con 47.000 euros. Os convenios das federacións provinciais da Coruña e Pontevedra asinaranse en vindeiras datasA Federación Galega de Confrarías de Pescadores disporá de 27.000 euros para mellorar as instalacións, adquirir equipamentos informáticos e mellorar as condicións de seguridade. Ademais, ao abeiro do convenio, organizaranse varias xornadas de traballo sobre os TACs e cotas de pesca e tamén se desenvolverán accións de formación.

En canto Federación Provincial de Confrarías de Lugo, contará con 20.000 euros para a adquisición de mobiliario para o arquivo de documentación. Ademais, modificarase a páxina web da entidade para facilitar a información ao sector no tocante ás próximas eleccións ás confrarías de Galicia. Tamén se levarán a cabo diversas accións para a valorización dos produtos pesqueiros e do labor das confrarías. A maiores, celebrarase un congreso sobre a pesca artesanal no caladoiro Cantábrico-Noroeste co fin de mellorar a súa xestión.

Leer más:  El caballero se alegra de que Sánchez haya "arrinconado" a los calumniadores y cree que ya no será posible calumniar "sin consecuencias"

Para o control de cada un destes convenios crearase unha comisión de seguimento, composta por dous membros da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e polo presidente e o secretario de cada unha das entidades. A vixencia desta colaboración é ata o 16 de decembro de 2018.


- Te recomendamos -