Inicio Galicia A Consellería de Cultura apoia a primeira posta en escena en Galicia...

A Consellería de Cultura apoia a primeira posta en escena en Galicia da ópera ?O holandés errante? en versión concerto

0


A Real Filharmonía de Galicia pon en escena por vez primeira en Galicia a ópera de Richard Wagner O holandés errante en versión concerto. Trátase dunha coprodución da orquestra sinfónica coas asociacións de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago, que conta cunha colaboración económica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de 15.000 euros. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou na xuntanza que mantivo con representantes da directiva da asociación viguesa o interese desta programación operística dirixida por Paul Daniel, que se desenvolverá o xoves 27 de setembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, ás 20:30 horas, e o sábado 29 de setembro no Teatro Afundación de Vigo, á mesma hora.

Co obxectivo de impulsar a oferta musical operística, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén apoiando a programación das principais asociacións galegas vinculadas á lírica, como son a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, a Asociación de Amigos da Ópera de San¬tiago e a Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, esta última, a través da Agadic. Ademais, o Goberno galego contribúe coa actividade que desenvolven a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, a través do Consorcio de Santiago e do Consorcio para a Promoción da Música, respectivamente.  

Leer más:  Un adulto y un menor resultan heridos después de salirse de la vía y volcar su coche en Rois (A Coruña)

- Te recomendamos -