Inicio Galicia A AGASP acolle esta fin de semana o curso de adestrador de...

A AGASP acolle esta fin de semana o curso de adestrador de percorridos de tiro en virtude do convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte para o uso destas instalacións

0

A Federación Galega de Tiro Olímpico ocupará esta fin de semana -entre hoxe e mañá en horario de 9,00 a 20,00 horas- as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública para celebrar o devandito curso

A Federación Galega de Tiro Olímpico ocupará esta fin de semana -entre hoxe e mañá en horario de 9,00 a 20,00 horas- as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para celebrar o curso de adestrador da modalidade de percorridos de tiro (IPSC) de categoría rexional. A celebración deste curso na AGASP realízase grazas ao convenio de colaboración asinado o pasado 24 de maio entre o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), Alfonso Rueda e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, para determinar o uso das instalacións da AGASP por parte das federacións deportivas galegas.

A convocatoria deste curso obedece á actividade deportiva da modalidade de percorridos de tiro (IPSC) que se desenvolve en Galicia e para facilitar a incorporación de novos tiradores a esta modalidade. A finalidade do curso é dotar aos clubs galegos de persoal técnico que adestre e controle o acceso dos tiradores a esta modalidade de tiro e que se responsabilicen dos adestramentos e competicións para evitar infraccións e posibles accidentes.

Leer más:  Burela (Lugo) será la sede de las jornadas técnicas y el encuentro empresarial Expomar a partir del 8 de mayo

O curso conta coa participación de 30 alumnos (27 homes e 3 mulleres) con moita experiencia nesta modalidade de tiro ao ter participado en campionatos galegos, nacionais e internacionais.

Deste xeito e tras o convenio asinado a finais de maio, a Federación Galega de Tiro Olímpico é a primeira en utilizar as instalacións da AGASP para unha concentración deportiva.


- Te recomendamos -