Inicio Galicia Conde asegura que no novo modelo industrial triunfará quen se diferencie dando...

Conde asegura que no novo modelo industrial triunfará quen se diferencie dando resposta ás necesidades globais

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na inauguración da Maker Faire Galicia, que converterá nos próximos días á Comunidade nun escaparate mundial da creatividade e a innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na inauguración da Maker Faire Galicia que, no novo modelo da Industria 4.0, só alcanzarán o éxito os territorios que aposten por levar a dixitalización e as novas tecnoloxías a todo o tecido produtivo, impulsen a innovación, apoien o talento e a formación e adopten medidas para diferenciarse con solucións que dean resposta ás necesidades globais.

Tal e como sinalou Conde, Galicia leva tempo traballando nesta dirección con medidas como a Axenda Industria 4.0, que desde a súa posta en marcha en 2015 leva apoiado a dixitalización de 7.000 empresas, ou o programa Galicia Innova 2020, que persegue contar con máis empresas innovadoras e que as pemes innoven máis e que apoia, especialmente, o talento e a transferencia de coñecemento. Un compromiso, apuntou Conde, que se ratifica en 2019 cun orzamento de 40 millóns de euros para seguir avanzando na dixitalización e na implantación da fábrica intelixente.

Leer más:  La Xunta fija un calendario de pasos para desarrollar la Ley del Litoral y vuelve a exigir medios al Gobierno

O conselleiro apuntou que están chamadas a ser as impulsoras da cuarta revolución industrial as empresas innovadoras e as persoas con talento, que son as protagonistas de Maker Faire Galicia, un encontro que cumpre catro edicións consolidándose como unha das principais feiras de España e Europa nesta categoría e que durante os vindeiros días converterá a Comunidade nun escaparate mundial de creatividade e innovación, e un lugar aberto a todos os públicos onde compartir experiencias e coñecementos.

Pola súa banda, a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, destacou o apoio á Maker Faire Galicia como parte da aposta por converter o Gaiás nunha factoría de proxectos para dinamizar o tecido cultural e económico galego. Eventos como a Maker Faire estimulan actitudes creativas entre público de todas as idades, asegurou, e precisamente por iso encaixa coa estratexia da Cidade da Cultura e da Xunta de apoiar o emprendemento, a innovación tecnolóxica e creatividade.


- Te recomendamos -