A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participaron esta mañá na VIII Feira da Caza de Rodeiro, un evento de carácter gastronómico e tamén turístico que tivo os seus actos centrais esta fin de semana pero que prevé diversas actividades ao longo de todo o mes.
Durante a súa visita, Vázquez Mejuto achegouse ata a carpa instalada na feira para participar na degustación de distintos produtos de caza, onde eloxiou a calidade da gastronomía vinculada á actividade cinexética en Galicia.
- Te recomendamos -