Inicio Galicia A Xunta aposta por adoptar un papel activo para defender os intereses...

A Xunta aposta por adoptar un papel activo para defender os intereses de Galicia ante o brexit

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do informe ‘Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o brexit’, realizado polo Consello Económico e Social

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de adoptar un papel activo para facer fronte ás incertezas que xera o brexit e defender os intereses de Galicia e a súa cidadanía, mediante a realización de estudos, análises e seguimento do proceso, así como do desenvolvemento de actuacións e demandas concretas ante distintos foros europeos.

Así o sinalou hoxe durante a presentación do informe Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións realizado polo Consello Económico e Social.

A Administración autonómica leva tempo traballando para avaliar os posibles efectos que poida ter a saída do Reino Unido da Unión Europea na economía galega. Entre outras actividades, en 2017 elaborouse un análise do seu impacto, que foi trasladado ao Parlamento; e realizáronse informes específicos das posibles repercusións que poderá ter no sector pesqueiro.

Leer más:  La Xunta critica la demora en la puesta en marcha de la línea ferroviaria entre Ourense y Monforte

Ademais, Galicia coordina un grupo de traballo específico dentro da Comisión do Arco Atlántico; vén desenvolvendo un papel moi activo no Comité Europeo das Rexións, organismo que traballa para resaltar a repercusión que podería ter o Brexit en municipios e rexións; asinou un memorando de cooperación co País de Gales para tentar mitigar os seus efectos; e creou o Foro Galego do Brexit, un observatorio para seguir todo este procedemento e as súas posibles consecuencias.


- Te recomendamos -