Inicio Galicia Conclúe a reforma da escalinata de acceso á igrexa parroquial de Soutomaior,...

Conclúe a reforma da escalinata de acceso á igrexa parroquial de Soutomaior, financiada pola Consellería de Cultura e Turismo

0

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o concello de Soutomaior para supervisar o remate das obras da reforma da escalinata de acceso á igrexa parroquial, realizada ao abeiro dunha das liñas de axudas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Turismo neste ano 2018. Os traballos consistiron na reconstrución das escaleiras que lle dan acceso, cunha achega de 32.175 euros por parte da Administración autonómica.

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, nesta edición pasaron a ser fondos propios. 

Leer más:  El TSXG suspende dos proyectos eólicos en provincias de Lugo y Ourense, uno de ellos por vencimiento de declaración ambiental

- Te recomendamos -