Inicio Galicia A Xunta apoia con máis de 486.000 euros a mellora da competitividade...

A Xunta apoia con máis de 486.000 euros a mellora da competitividade do comercio de proximidade na comarca de Santiago

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña visitou as rúas do casco histórico compostelán coa asociación de comerciantes Compostela Monumental, unha das beneficiarias das axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina ás asociacións, federacións e agrupacións de comerciantes, prazas de abastos, e ao comercio de proximidade


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, realizou hoxe un percorrido polo centro histórico da cidade de Santiago, acompañado polos representantes da asociación de Compostela Monumental, un dos beneficiarios das axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver, coas que se apoia ás asociacións de comerciantes e ao comercio de proximidade da comarca.

Concretamente, destacou que a Xunta apoia, dunha banda, con de 279.000 euros, actuacións de dixitalización e de modernización desenvoltas por comerciantes e artesáns. Ademais, destínanse outros 206.000 euros nesta área para apoiar o labor que desenvolven as asociacións e federacións de comerciantes no impulso da competitividade do sector. En total, concédense 73 axudas directas a entidades e comerciantes para fomentar un novo modelo comercial intelixente, competitivo e adaptado ás novas necesidades que reclaman os clientes.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

Así, con apoios públicos de máis de 486.000 euros beneficiaranse destas axudas un total de 66 comerciantes e artesáns e 7 entidades de centros comerciais abertos, prazas de abastos, federacións e asociacións de ámbito superior ao municipal, mobilizando un total de máis de 880.000 euros.

Comercio de proximidadeNo caso das axudas a comerciantes e artesáns o investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%.

Así, un total de 66 comerciantes e artesáns desenvolven 66 actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña, así como iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Tamén se activarán proxectos de ferramentas de xestión, e de modernización de locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, os comercios tamén poden contar con asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado.

Asociacións de comerciantesEn relación coas axudas as asociacións de comerciantes os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos en que están situados e do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso das federacións, os apoios poden chegar ata os 49.000 euros, alcanzando a axuda o 70% do investimento a realizar.

As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.  CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E ASOCIACIÓNS PRACEIROSENTIDADE

Leer más:  La Xunta informa a los jóvenes que no hay dinero disponible para las ayudas de alquiler solicitadas en 2022

- Te recomendamos -