Inicio Galicia Máis de 32.600 persoas beneficiáronse do Decreto de tempos máximos aos nove...

Máis de 32.600 persoas beneficiáronse do Decreto de tempos máximos aos nove meses da súa entrada en vigor

0

Todos os pacientes foron atendidos en centros do Servizo Galego de Saúde


Dende a entrada en vigor o 10 de xaneiro, do Decreto 105/2017 que regula o sistema de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, un total de 32.648 persoas beneficiáronse deste dereito.

Esta normativa garante uns tempos máximos de atención sanitaria hospitalaria programada e non urxente de dous meses (60 días naturais) para intervencións cirúrxicas. O texto normativo tamén fixa un máximo de 45 días para as primeiras consultas externas e 45 días para as primeiras probas diagnósticas ou terapéuticas en atención sanitaria hospitalaria programada e non urxente. Así, dende o 10 de xaneiro e ata finais do mes de setembro, beneficiáronse 8.318 persoas en cirurxía. Nas consultas beneficiáronse 12.495 persoas e 11.871 nas probas diagnósticas e/ou terapéuticas.

Todos os pacientes están sendo atendidos en centros do Servizo Galego de Saúde e non se derivou ningún a centros concertados. Maior autonomíaO decreto de garantías de tempos máximos reflicte o compromiso do Sergas cos pacientes, xa que se pasou dunha xestión global de tempos de espera por prioridades, para todas as doenzas, a un compromiso individual por patoloxías. A selección destes procedementos realizouse tendo en conta a gravidade das patoloxías, a efectividade e a oportunidade da atención sanitaria e os protocolos de priorización contrastados coas sociedades científicas.

Leer más:  El Gobierno permitirá que Altri reciba fondos europeos para la planta de Palas (Lugo) siempre y cuando cumpla con "toda la normativa"

A través do decreto de tempos máximos de espera non só se ampliaron os dereitos dos cidadáns, senón tamén a súa autonomía, ao ofrecerlles información precisa para que poidan tomar as decisións correspondentes ao seu proceso de enfermidade.

O decreto selecciona patoloxías oncolóxicas malignas, valvulopatías, patoloxías vasculares arteriais, patoloxías cerebrais benignas e patoloxías oftalmolóxicas, ata contemplar máis de 100 tipos de patoloxías importantes non urxentes. As medidas aplícanse non só para os novos procesos de enfermidades, senón que teñen un efecto retroactivo polo que tamén se benefician as persoas que, dentro das casuísticas que recolle a norma, estaban xa nas listas de espera do Sergas.

Desenvolvemento da Lei de garantíasAdemais do dereito a que a atención sanitaria no ámbito hospitalario do sistema público de saúde de Galicia sexa dispensada cunhas demoras máximas nos tempos de resposta, a Lei de garantías concibe o dereito á libre elección de médico de familia, pediatra, profesional de enfermería, hospital ou complexo hospitalario. Este dereito está regulado polo Decreto 55/2015, do 26 de marzo, e entrou en vigor abril de 2015.

Leer más:  La reforma de la Avenida de Madrid de Vigo ha sido autorizada por Patrimonio luego de que el Ayuntamiento la solicitara en marzo

A Lei de garantías tamén recolle o dereito a unha segunda opinión médica, regulado polo Decreto 54/2015, do 12 de marzo (en vigor desde maio de 2015) e a creación do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamentos da saúde, tras a entrada en vigor en xaneiro de 2015 do Decreto 159/2014, do 11 de decembro. Por medio deste documento, unha persoa maior de idade, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e o tratamento da súa saúde ou, unha vez chegado o falecemento, sobre o destino do seu corpo ou órganos.


- Te recomendamos -