Inicio Galicia A Xunta impulsa o talento feminino en postos de responsabilidade co programa...

A Xunta impulsa o talento feminino en postos de responsabilidade co programa 'Medrando Xuntas'

0


Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2018.- A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, mantivo un encontro en Santiago coas preto de 30 mulleres que están a participar na segunda edición de Medrando Xuntas, un programa co que a Xunta está impulsar o talento feminino en postos de responsabilidade de entidades vinculadas coa economía social.

Toca destacou que a Administración autonómica a través de Emprega en feminino está a apoiar o acceso da muller ao traballo. Trátase dunha folla de ruta que xa beneficiou a 80.000 mulleres e que inclúe diferentes programas, entre eles Medrando Xuntas, a través do que se ofrece formación dirixida a mulleres directivas e a mulleres socias e traballadoras de empresas de economía social. A actividade desenvólvese en Santiago e Lugo. Na xornada á que asistiu a secretaria xeral de Emprego abordáronse aspectos relacionados coa responsabilidade social.

Leer más:  Un hombre inmerso en un proceso de desahucio fue trasladado de urgencia al hospital tras precipitarse desde un cuarto piso en Vigo

- Te recomendamos -