Inicio Galicia A conselleira de Educación participa na xornada de educación infantil que organiza...

A conselleira de Educación participa na xornada de educación infantil que organiza a Fundación Barrié

0

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá na quinta xornada de Educación Infantil que, baixo o título “creando e criando espazos de creatividade nas aulas” organiza a Fundación Barrié.

A conselleira e mailo presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, foron os encargados de inaugurar este encontro que ten como obxectivo analizar e afondar sobre a creatividade no eido da educación infantil a través de distintos escenarios educativos.

Durante toda a xornada, un grupo de profesionais do ámbito da docencia e da psicoloxía, entre outros, afondaron en aspectos como a creatividade participativa, as artes na infancia, a filosofía ou a cultura audiovisual.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre