O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá en Ourense aos socios e socias do Centro Galego de Santander, con quen mantivo un breve encontro. Alí os recibiu o alcalde da cidade das Burgas, Xesús Vázquez, quen lles explicou a historia do edificio que acolle a Casa Consistorial e os invitou a visitar o salón de plenos do Concello de Ourense. A visita que os membros da entidade cántabra están a realizar desde principios de semana a Galicia tivo, así, o seu punto final na capital ourensá, onde almorzaron antes de partir de novo rumbo a Santander.
- Te recomendamos -