Inicio Galicia A Xunta impulsa a internacionalización do viño galego cunha visita a Galicia...

A Xunta impulsa a internacionalización do viño galego cunha visita a Galicia de xornalistas especializados de todo o mundo

0

A consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, organiza a International Galician Wine Week, na que participarán desde mañá e ata o xoves 14 prescritores de países como Rusia, Perú, Noruega, Reino Unido, Bélxica ou Austria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, organiza a International Galician Wine Week, unha iniciativa que busca impulsar a internacionalización do sector vitivinícola galego e que traerá desde mañá domingo e ata o xoves a 14 xornalistas especializados de países como Rusia, Perú, Noruega, Reino Unido, Bélxica ou Austria.

O obxectivo é presentarlles a estes prescritores Galicia como zona de referencia da viticultura española e europea e amosarlles as especificidades de cada variedade. Así, visitarán as zonas de produción das cinco denominacións de orixe, non só para degustar os viños senón tamén para coñecer a terra, as condicións agroclimáticas e estruturais de produción e o entorno socioeconómico.

Entre outras actividades, os comunicadores poderán descubrir a vendima na Ribeira Sacra, visitar unha cova do viño en Vilamartín de Valdeorras, coñecer a ruta dos Lagares Rupestres de Monterrei, participar nun túnel de viños do Ribeiro ou realizar unha ruta en goleta con degustación de viños da D.

Leer más:  Rueda se reunirá con el subsecretario de Pesca de Argentina, el jefe de gobierno de Buenos Aires y el gobernador de Chubut

O. Rías Baixas, ademais de diferentes catas de augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Esta iniciativa forma parte das distintas actuacións para a promoción do viño en mercados internacionais que se están a potenciar en estreita colaboración cos Consellos Reguladores, no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.

Esta folla de ruta ten contribuído ao bo ritmo das exportacións galegas. Así, nos primeiros sete meses do ano as vendas ao exterior de Galicia medraron un 9,9% fronte ao 3,8% da media estatal, situándose como a terceira comunidade na que máis medran as exportacións no que vai de ano. 


- Te recomendamos -