Inicio Galicia O CCVV traballa co concello de Vigo na activación da vía da...

O CCVV traballa co concello de Vigo na activación da vía da expropiación para axilizar a rehabilitación do Casco Vello

0

O presidente do consorcio e delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, cifrou en cinco as edificacións que, por distintas razóns, non se poden adquirir na zona alta


Vigo, 26 de xullo de 2018.- O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo deu conta hoxe do avance no traballo conxunto que están a desenvolver Xunta e Concello para axilizar a rehabilitación integral no barrio histórico. Neste senso, o presidente do ente e delegado territorial, Ignacio López-Chaves, puxo en valor o acordo alcanzado coa Administración local que, en maio do 2017, comprometeuse a recorrer a vía da expropiación no caso daquelas edificacións que, por distintos motivos, non poden ser adquiridas polo procedemento habitual.

Lopez-Chaves matizou que esta alternativa é unicamente aplicable nos inmobles que se atopan no marco do Plan de Actuación do Consorcio Casco Vello de Vigo e que abranguen a zona alta. Segundo cifrou, “estaríamos a falar concretamente de cinco edificacións”, as correspondentes a Ferrería 1, Abeleira Menéndez 14, San Sebastián 20 e Subida ao Castelo 9 e 11.

Leer más:  Un hombre resulta herido en Noia (A Coruña) después de ser golpeado en la cabeza por la coz de un caballo

En canto aos motivos de que estes inmobles non fosen aínda adquiridos, o presidente do CCVV aludiu a problemas legais na maioría dos casos, concretamente indicou “defectos nos títulos de propiedade que complican a compra por parte do ente rehabilitador”. En todo caso, o presidente do consorcio, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, confiou en que a vía da expropiación supoña o “impulso definitivo” para a esperada rehabilitación integral do barrio histórico.

Por outra banda, o comité executivo deu luz verde á aprobación e licitación do proxecto de Cruz Verde 12, a terceira actuación do Consorcio Casco Vello de Vigo. A rehabilitación deste inmoble, segundo sinalou López-Chaves, sumará dúas novas vivendas e un local ao barrio cun presuposto de licitación de preto de 350.000 euros.104 vivendas rehabilitadasAo longo dos seus doce anos de actividade o CCVV adquiriu 14 inmobles na rúa Ferrería o que lle permitiu acometer sete proxectos de rehabilitación que derivaron na construción de 21 novas vivendas, todas elas –excepto Ferrería 8- ocupadas ou na fase final da súa adxudicación.

Leer más:  El PPdeG afirma que las críticas del PSdeG a las políticas de igualdad carecen de "credibilidad" después de la aprobación de la Ley del solo sí es sí

No conxunto do barrio, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva adquiridos 76 inmobles, dos que 58 xa foron rehabilitados e catro están en execución (Berbés 41, Ferrería 8, Cruz Verde 12 e Cruz Verde 8). Rehabilitáronse 104 vivendas, das que 89 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 14 restantes en fase de concurso. 


- Te recomendamos -