Inicio Galicia A Xunta habilitará este mes unha bolsa con 111 aspirantes para cubrir...

A Xunta habilitará este mes unha bolsa con 111 aspirantes para cubrir as prazas de secretarios, interventores e tesoureiros

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, explicou nunha resposta parlamentaria que todos os aspirantes pasaron un proceso selectivo e un curso de formación

A Xunta habilitará este mesmo mes a bolsa de interinos destinada a cubrir os postos vacantes de interventores, tesoureiros e secretarios que existan nos concellos galegos. As listas definitivas están compostas por 111 aspirantes: 64 secretarios-interventores, 15 secretarios, e 32 interventores-tesoureiros.

Nunha resposta parlamentaria, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, aclarou que este persoal pasou en primeiro lugar un proceso selectivo para cada unha das subescalas convocadas. Posteriormente, os participantes que obtiveron a cualificación de apto pasaron a realizar un curso de formación práctica que rematou o pasado 30 de abril.

As entidades locais interesadas poderán solicitar voluntariamente a cobertura destes postos de funcionarios de habilitación nacional a través deste sistema, cando non sexa posible provisionalos de xeito definitivo ou en comisión de servizos, acumulación ou nomeamento provisional.

Os concellos poderán dirixirse á Xunta a través do portal de servizos web Eido Local. A Administración autonómica, pola súa banda, iniciará o proceso de chamamento dos candidatos tendo en conta a orde de prelación de bolsas e a través dun procedemento que garante os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.

Leer más:  El Sergas ha sido condenado a pagar 300.000 euros a una paciente que quedó en silla de ruedas después de una cirugía en Ourense

Coa creación desta bolsa autonómica de interinos, o obxectivo do Goberno galego é permitir ás entidades locais cubrir estas vacantes de forma áxil e eficaz, sen que os concellos teñan que soportar o custe económico que supón a realización dun proceso selectivo e con respecto absoluto á súa autonomía local. 


- Te recomendamos -