Inicio Galicia A Xunta participa na Mesa Local de coordinación contra a violencia de...

A Xunta participa na Mesa Local de coordinación contra a violencia de xénero do Concello de Lousame

0

A secretaria xeral da Igualdade,Susana López Abella, apostou pola cooperación entre todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na reunión da Mesa local de coordinación contra a violencia do concello de Lousame.

A responsable autonómica puxo en valor a importancia de tecer redes de cooperación e colaboración fluídas entre todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero. Neste sentido, destacou a importancia de iniciativas como as Mesas Locais de coordinación, que permiten estender este espírito de cooperación ao ámbito municipal e optimizan o traballo de todos os axentes implicados. O obxectivo é prestar cada día servizos de atención de maior calidade, así como facilitar unha mellor accesibilidade aos recursos e prestacións, ás mulleres vítimas desta lacra.

Ao respecto, López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos. Polo tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre