Inicio Galicia Zeltia Lado Lago toma posesión como directora xeral de Formación e Colocación...

Zeltia Lado Lago toma posesión como directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade

0
image_gallery.jpg

Foi nun acto presidido pola titular do departamento, María Jesús Lorenzana


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu esta mañá no complexo administrativo de San Caetano a toma de posesión de Zeltia Lado Lago como nova directora xeral de Formación e Colocación da Consellería.

No acto, a conselleira destacou a valía e profesionalidade de Zeltia Lado, presentándoa como garante da nova responsabilidade que acaba de asumir e animándoa a redobrar os seus esforzos en beneficio de toda Galicia. Pola súa banda, a xa directora xeral de Formación e Colocación agradeceu a confianza depositada nela e amosouse disposta a aplicar no novo cargo todo o aprendido ao longo da súa experiencia laboral.

A nova directora xeral é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e Máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela. Ata o de agora -e dende novembro de 2019- desempeñaba o cargo de xerente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dentro da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Pertence ao Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia e con anterioridade foi tamén xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) da Consellería de Economía, Emprego e Industria e xefa provincial na Coruña do Servizo de Consumo do Instituto Galego de Consumo. Tamén desempeñou responsabilidades como a Xefatura do Servizo de Contratación da Consellería de Economía e Industria e da Sección de Comercio Interior nese mesmo departamento da Xunta. Ademais, entre outros postos, ocupou tamén a Xefatura da Sección Xurídica no Consello Galego de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar.

Dentro da súa formación complementaria, ten realizado multitude de cursos relacionados, por exemplo, coa prevención de riscos laborais, o dereito informático, a iniciación á calidade ou o deseño e xestión de contratos de servizos, entre outras accións formativas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre