Inicio Galicia Xunta e Universidade de Vigo avanzan na posibilidade de que o edificio...

Xunta e Universidade de Vigo avanzan na posibilidade de que o edificio dos xulgados albergue actividades docentes cando a actividade se traslade á Cidade da Xustiza

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron esta maña un encontro, no que tamén participou a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron esta maña un encontro, no que tamén participou a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, onde analizaron a posibilidade de que unha vez se trasladen os Xulgados á Cidade da Xustiza, o edificio poida albergar actividades docentes da Universidade de Vigo.

Alfonso Rueda lembrou que un dos edificios foi ofrecido ao Ministerio de Cultura para ubicar a Biblioteca do Estado, e o Goberno galego está á espera da reposta definitiva por parte do Ministerio. En todo caso, quedaría o outro edificio libre, no caso de que finalmente se ubique a Biblioteca, ou mesmamente os dous edificios se o Ministerio finalmente non quixese poñer en marcha a biblioteca.

O obxectivo da Xunta é que se manteña o uso público dos edificios e que sigan funcionando e xerando dinamismo na zona. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo amosou o seu interese en interese en dispoñer dos edificios e levar a cabo alí actividades docentes.

Ambas institucións deixaron a porta aberta a continuar neste marco de entendemento e cooperación e colaborar con outras infraestruturas e dotacións que se atopan nos campus da Universidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre