Inicio Galicia Xunta e Universidade de Santiago colaboran nun proxecto de información e asesoramento...

Xunta e Universidade de Santiago colaboran nun proxecto de información e asesoramento de apoio ás mulleres emprendedoras

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na EGAP na presentación do proxecto de información, asesoramento e orientación do programa Emega

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na EGAP na presentación do proxecto de información, asesoramento e orientación do programa Emega, que tamén contou coa presenza do reitor da USC, Antonio López e a directora de Woman Emprende, Eva López Barrio.

Alfonso Rueda indicou que a Xunta sempre aposta pola cooperación entre administracións e institucións para lograr os mellores resultados, e aínda mais neste ámbito no que se procura acadar a igualdade real entre homes e mulleres, polo que este ano foi duplicada a partida prevista do Programa Emega acadando 161 iniciativas beneficiadas, fronte ás 72 do pasado ano. Este proxecto tenta facilitar o desenvolvemento das mulleres no mercado de traballo e da súa actividade profesional, incidindo nas novas oportunidades de negocio, especialmente no terreo das I+D+i, nas TICS e no medio rural.

O obxecto do Programa Emega é apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo, que nos últimos anos foron 1.275. O programa Emega inclúe catro liñas específicas: ‘Emprende’, destinada á promoción da posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a crear emprego por conta allea; ‘Innova’, para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; ‘Activa’, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa; e ‘ITEF’, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres. A maiores, establece unha liña de axudas complementarias, a ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre