Inicio Galicia Xunta e sindicatos selan o acordo que incrementa en 1.260 ?/ano os...

Xunta e sindicatos selan o acordo que incrementa en 1.260 ?/ano os salarios dos docentes en Galicia

0

A Consellería de Educación e mailos sindicatos UGT e CCOO ratificaron hoxe o documento onde se plasman as novas retribucións segundo as cales o profesorado galego pasa a situarse na parte alta da táboa retributiva ao escalar aos primeiros postos do ranking interautonómico

Os docentes galegos verán incrementado o seu salario nunha contía de 1.260 €/ano, a razón de 90 € ao mes en catorce pagas, unha subida retributiva que se empezará a aplicar este próximo outubro.

O Goberno galego -a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- e os sindicatos CCOO e FeST-UGT selaron esta mañá o acordo que suporá que os docentes galegos se sitúen na parta alta da táboa retributiva no ranking interautonómico.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e mailas representantes de CCOO e de UGT, Luz López e Paula Carreiro respectivamente, rubricaron o acordo para o aumento das retribucións salariais, logo dun proceso de negociación que se materializou ao longo dos últimos dous meses, e de que o documento fora ratificado polos órganos das dúas organizacións.

Segundo dito acordo, establécese un aumento salarial lineal de 1.260 €/ano para o conxunto dos 32.500 docentes que conforman o sistema educativo público galego (sexan funcionarios de carreira, interinos ou substitutos) e para todos os corpos docentes. Isto tradúcese nunha contía mensual de 90 € repartidos en 14 pagas, e nun incremento porcentual medio do 4% (en función dos corpos e dos sexenios e trienios de cada caso).

Leer más:  Los arrestados en la 'Operación Vodka' distribuían motores de narcolanchas a bandas de la zona del Estrecho

Este incremento salarial empezarase a aplicar xa o vindeiro mes de outubro (practicamente ao comezo do novo curso escolar) e irase implementando de xeito paulatino ata o ano 2021. Isto é, entre outubro e decembro deste ano a suba vai ser de 15 €/mes; a partires do 1 de xaneiro de 2019 xa se aplicarán outros 20 €/mensuais máis; ao longo de 2020 o incremento será doutros 25€; e finalmente o 1 de xaneiro de 2021 procederase á ultima suba, de 30 € mensuais, completando así o cen por cen do incremento recollido no acordo.

Parte alta da táboa interautonómicaTal e como explicou o conselleiro Román Rodríguez, con este acordo cúmplese a folla de ruta marcada desde o primeiro momento e que, por outra parte, respondía ás demandas das propias organizacións sindicais: lograr un incremento salarial para o conxunto dos docentes; e que ese incremento os situara na parte alta da táboa. Un acordo que, en palabras de Román Rodríguez, “vai máis aló do acadado en 2006”, xa que a suba vai comezar a facerse efectiva neste mesmo ano, a partir do mes de outubro. De feito subliñou que, aínda que se trate dun incremento que toca catro exercicios, “a efectos prácticos acadarase, para ser exactos, nun período de dous anos e tres meses”.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

Así mesmo, Galicia pasa a situarase na parte alta da táboa de retribucións en comparación co resto das comunidades autónomas. Tomando como referencia as retribucións anuais sen sexenios, os docentes galegos escalan cinco postos e sitúanse no 5º e 6º lugar da táboa -ata o de agora estaban no 10º e no 11º- segundo pertenzan ao corpo de mestres ou ao de profesores de secundaria (ata o de agora estaban no 10º e 11º). Sen contar o País Vasco e Navarra, por teren un réxime fiscal propio, Galicia sitúase no 3º e 4º posto desta táboa.

O conselleiro recoñeceu a vontade de diálogo, a xenerosidade e a “altura de miras” das dúas organizacións sindicais asinantes para acadar puntos de encontro que favorecen ao conxunto do profesorado galego. Prestixio da función docenteTamén explicou que o desembolso orzamentario -arredor de 41 millóns de euros- que supón este incremento salarial, é posible nestes momentos grazas ao período de estabilidade económica acadado logo do esforzo realizado polo conxunto dos cidadáns e que tamén afectou aos profesionais do sector público, como é o caso do profesorado. Neste senso, subliñou que é o momento de “devolverlle” aos docentes o froito dese esforzo realizado nos últimos anos.

Leer más:  El TSXG ratifica la decisión de un juzgado de Vigo que consideraba válida la extensión del contrato del servicio municipal de agua

Román Rodríguez enmarcou este acordo puntual dentro dunha estratexia máis ampla e prioritaria, como é “a de prestixiar a función docente”. Neste senso lembrou que o departamento que dirixe está levando a cabo unha serie de medidas como son o fomento da estabilidade a través de continuas convocatorias de emprego público (na última, que está a piques de rematar, ofertáronse 2.050 prazas para 30 especializadas); así como un ambicioso plan de formación do profesorado co que dar resposta aos novos retos educativos como son, sobre todo, os coñecementos, destrezas e competencias en materia de idiomas, de novas tecnoloxías, STEM, robótica e eido dixital.


- Te recomendamos -