Inicio Galicia Xunta e sindicatos inician a negociación das primeiras convocatorias para a funcionarización...

Xunta e sindicatos inician a negociación das primeiras convocatorias para a funcionarización do persoal laboral fixo

0

Trátase de prazas incluídas xa na Oferta de Emprego Público de 2018 e de 2019 para a súa funcionarización

A Xunta de Galicia remitiu onte ás organizacións sindicais os borradores das primeiras cinco convocatorias que rexerán o primeiro proceso global de funcionarización do persoal laboral fixo da Administración galega, co fin de que poidan negociarse nos vindeiros días. Trátase de prazas incluídas xa na Oferta de Emprego Público (OEP) de 2018 e de 2019 para a súa funcionarización.

O proceso de funcionarización está previsto no Acordo de Concertación Social do Emprego Público de Galicia asinado entre a Xunta e os sindicatos a principios deste ano. É un proceso de carácter voluntario que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta que superou un proceso selectivo para ter esa condición de persoal laboral fixo, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira a través dun procedemento selectivo específico. Estes profesionais seguirán ocupando o mesmo posto de traballo e non sufrirán perdas retributivas.

O 95% do persoal laboral fixo que presta servizos na Xunta de Galicia solicitou acollerse o pasado ano a este proceso de funcionarización. O proceso selectivo que deberá superar para converterse en funcionario será de concurso-oposición tal e como se establece no Estatuto do Empregado Público (EBEP). En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para un proceso selectivo ordinario pois non é un proceso competitivo como sucede nun proceso selectivo de acceso libre.

En consecuencia, este procedemento non ten por obxecto o acceso á Administración nin o ascenso de escala ou categoría, senón a transformación voluntaria en funcionarios dos traballadores que xa teñen unha praza fixa na Administración como persoal laboral fixo. É dicir, o persoal laboral fixo poderá converterse en funcionario de carreira accedendo a unha categoría equivalente á que actualmente ocupa. Ademais, o proceso de funcionarización é distinto e independente dos procesos de promoción interna do persoal funcionario, que permiten o progreso profesional a través dun ascenso a unha praza dun grupo superior.

A finalidade deste procedemento é unificar o réxime xurídico aplicable ao persoal que presta servizos na Administración da Xunta de Galicia, para eliminar así a disparidade de réximes xurídicos aplicables ao persoal e cumprir o principio xeral de que os postos de traballo nas administracións públicas deben ser desempeñados por persoal funcionario.

ConvocatoriasOs borradores das convocatorias trasladados onte pola Dirección Xeral da Función Pública aos sindicatos recollen a funcionarización dun primeiro bloque de categorías de persoal laboral fixo nos grupos A1, A2, C1, C2 e as agrupacións profesionais (AP) de persoal funcionario.

Facenda remite estas convocatorias en previsión de que nas vindeiras semanas se aprobe o decreto regulador deste proceso –que xa foi obxecto de negociación sindical- co fin de axilizar o procedemento e desenvolver os procesos selectivos no primeiro semestre de 2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre